Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello do Rosal capta case 1,2 millóns de fondos europeos para a renovación do alumeado público

Esta aposta pola eficiencia enerxética permitirá regular os consumos e rematará co alto nivel de obsolescencia da maior parte das luminarias, cun alto mantemento

Esta aposta pola eficiencia enerxética permitirá regular os consumos e rematará co alto nivel de obsolescencia da maior parte das luminarias, cun alto mantemento

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal vén de conseguir case 1,2 millóns de euros de fondos europeos Next Generation para a renovación da totalidade das luminarias públicas do municipio. Trátase dun dos primeiros concellos en acadar esta subvención ao abeiro do Programa DUS 5000 do Ministerio para a Transición Ecolóxica, destinado a investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico.

“Con este proxecto investiremos nunha necesidade moi reclamada pola veciñanza, como é o alumeado público, e realizaremos unhas melloras nas instalacións que nos permitirán seguir avanzando na nosa aposta pola eficiencia enerxética”, salienta a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís.

A actualización de toda a rede de alumeado público no Rosal permitirá regular intensidades e consumos das luminarias públicas, rematando así coa contaminación lumínica e permitindo un porcentaxe de aforro enerxético estimado do 65%, “o que suporá un importante descenso na partida que o concello ten que dedicar cada ano á iluminación”. Un aforro que se levará máis alá do consumo enerxético, xa que “o nivel de obsolescencia da maior parte da iluminación pública é moi elevado. Trátase dunha instalación con moitos anos de vida, polo que precisa un gran número de reparacións ao longo do ano”, lembra a rexedora.

Con este proxecto actuarase sobre as 2.814 luminarias existentes, das que se substituirán 2.463 por outras de novas tecnoloxía LED que disporán de redución de nivel de iluminación para axustar segundo os diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, implantando a telexestión en todas elas, incluídas as que na actualidade xa contan con tecnoloxía LED. Nas luminarias que non se substitúan cambiarase a fonte de alimentación para integralas no novo sistema. Por outra banda, tamén se axeitarán e renovarán os cadros de mando, entre outras actuacións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí