Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal comparte a guía elaborada por SOGAMA para desfrutar dos espazos naturais de xeito sostible

Seguindo esta liña, retiráronse as papeleiras que había nas praias por recomendación sanitaria, para evitar sucidade e non reciclaxe e deixar maior espazo para as persoas

Seguindo esta liña, retiráronse as papeleiras que había nas praias por recomendación sanitaria, para evitar sucidade e non reciclaxe e deixar maior espazo para as persoas

Fecha: 30 de Junio de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Aproveitando que comeza o bo tempo, dende o Concello do Rosal queremos compartir a guía elaborada por SOGAMA ‘REinventa as túas vacacións de verán', que recolle unha serie de consellos moi útiles para desfrutar dos nosos espazos naturais dun xeito máis sostible.

Seguindo esta liña, o Concello procedeu á retirada das papeleiras que había nas praias, xa que son varios os motivos que fan inadecuada a súa existencia:

• Recomendación sanitaria. A propia Xunta no documento "RECOMENDACIÓNS E CRITERIOS SANITARIOS PARA A APERTURA E USO DAS PRAIAS UNHA VEZ SUPERADA A FASE III DO PLAN PARA A TRANSICIÓN CARA UNHA NOVA NORMALIDADE" suxire que os sistemas de depósito do lixo se sitúen fóra da zona de lecer. En toda as praias nas que se procedeu a retirada de papeleiras existen illas de contedores nas inmediacións.

• Maior espazo para as persoas. As papeleiras ocupaban un espazo moi prezado cando o número de persoas era elevado, máis agora coas medidas de distanciamento social. Ademais, ninguén quere estar xunto a elas, polo que se creaba unha zona desaproveitada arredor.

• Evitar espazos de sucidade e non reciclaxe. Dadas as características das papeleiras, é moi frecuente que os residuos depositados nelas saian voando e acaben dispersados pola contorna. Este feito é moito máis preocupante na zona de praias, xa que unha gran porcentaxe dos residuos rematan na auga. Ademais tamén atraen a animais que con moita facilidade ciscan o lixo fóra das bolsas. Por outro lado, os residuos que con máis frecuencia se desbotan nestas zonas son restos de embalaxes plásticos e metálicos, que son fraccións reciclables que ao ser mesturadas nas papeleiras van directas a vertedoiro.

O desfrute da nosa riqueza natural é perfectamente compatible co coidado desta. Que as únicas pegadas que deixemos na natureza sexan as dos nosos pés.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones