Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal dá luz verde ao inicio das obras no aparcamento do núcleo urbano

O acceso ao aparcamento estivo pechado nas últimas datas debido a problemas técnicos na súa formulación inicial

O acceso ao aparcamento estivo pechado nas últimas datas debido a problemas técnicos na súa formulación inicial

Fecha: 15 de Agosto de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Esta semana foi adxudicado o contrato para a urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano do Rosal, estando previsto o inicio das mesmas para a próxima semana. Este aparcamento foi creado no pasado mandato para desconxestionar o volume de coches que habitualmente aparcan na Praza do Calvario. Debido a cuestión técnicas no acondicionamento inicial do aparcamento, pavimentado con saburra, este non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen que iso xerase un prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao mesmo.

Fronte a esta situación e debido a ausencia dun proxecto previo que paliase a problemática, o Concello do Rosal elaborou un proxecto desde a área de urbanismo para corrixir estas deficiencias técnicas e permitir que poida ser empregado de xeito normalizado. A actuación consistirá na pavimentación dun acceso rodado e outro peonil, xunto coa execución das canalizacións de augas pluviais e as conducións eléctricas necesarias para dotar de iluminación ao proxecto.

O citado proxecto foi enviado a comezos de ano para optar á ser financiado mediante o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Dada a situación de parón administrativo derivada da pandemia da Covid-19, a resolución favorable do orzamento por parte da administración provincial foi remitida ao concello en recentes datas por importe de 34.363,21 euros. Ademais, o proxecto conta coa autorización da sectorial de Estradas de Galicia polo que se poderá dar inicio ás obras do aparcamento. Para o concello este acondicionamento é importante para dotar as inmediacións da Praza do Calvario de maior espazo para o estacionamento de vehículos.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones