Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello do Rosal e ANABAM colaboran na prospección da costa ante a posible chegada de pellets de plástico

Xa se levaron a cabo inspeccións da costa rosaleira, nas que non se detectaron a presenza destes microplásticos

Xa se levaron a cabo inspeccións da costa rosaleira, nas que non se detectaron a presenza destes microplásticos

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Enero de 2024

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal e a Asociación Naturalista do Baixo Miño, ANABAM, traballan xuntos na prospección da costa do municipio co obxectivo de previr a posible aparición dos pequenos pellets de plástico procedentes da perda de ata seis contedores por parte do buque Tuconao en augas portuguesas.

A concelleira de Medio Ambiente, Beatriz Rodríguez, e o presidente de ANABAM, Agustín Ferreira, contactaron para abordar a necesidade de protexer a costa baixomiñota ante a ameaza potencial da chegada da marea branca de microplásticos ata o Rosal. Ambas entidades acordaron coordinar esforzos e estar en permanente contacto para atallar coa maior brevidade a aparición destes pellets no caso de ser necesario.

“A nosa costa é un ben precioso que temos que protexer. Agradecemos a ANABAM o traballo que está a facer e a súa estreita colaboración, xa que é fundamental para anticiparnos e actuar de inmediato ante calquera risco de contaminación por estes microplásticos. A nosa prioridade é garantir a conservación dos nosos ecosistemas”, salientou a edil.

Ambas entidades xa realizaron prospeccións costeiras, chegando incluso ata o municipio de Oia, para avaliar a situación actual e identificar posibles áreas de risco. Ademais, fan un chamamento á veciñanza para que notifiquen ao Concello ou á asociación calquera avistamento de pellets de plástico na costa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí