Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal e o UD Ribera acordan a reforma do campo de fútbol da Mata ao abeiro do programa -A veciñanza conta-

A alcaldesa reuniuse coa directiva do club, coa que abordou a reforma do campo de fútbol para crear unhas instalacións plenamente inclusivas

A alcaldesa reuniuse coa directiva do club, coa que abordou a reforma do campo de fútbol para crear unhas instalacións plenamente inclusivas

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Ao abeiro do programa ‘A veciñanza conta’, a alcaldesa do Rosal e a directiva da UD Ribera mantiveron estes días un encontro no que abordaron proxectos de presente e de futuro do club, como a reforma do campo de fútbol da Mata “para convertelo nunhas instalacións plenamente inclusivas a medio prazo. Somos un concello comprometido que busca facer do municipio un lugar accesible para todos e todas, tamén no eido deportivo”, salienta a rexedora, Ánxela Fernández Callís.

Durante a reunión, a alcaldesa e o UD Ribera trataron principalmente a primeira fase do proxecto para crear un campo de fútbol accesible, que comezará nos vindeiros días coa licitación das obras de reforma integral dos vestiarios. Concello e club tamén comezarán a traballar no proxecto de cambio do céspede do campo, unha necesidade detectada pola entidade deportiva e para a que o concello buscará "non soamente financiamento, senón tamén levalo adiante de xeito planificado para minimizar o efecto na actividade deportiva que se leva a cabo nel”.  

A reforma dos vestiario incluirá a mellora da accesibilidade aos sete vestiarios independentes cunha nova distribución e xerando novos espazos accesibles tanto para o persoal técnico como para as e os xogadores. Así, aumentarase o número de duchas dispoñibles con cabinas accesibles, ampliarase a porta de acceso a estas instalacións ou colocaranse portas corredoiras para comunicar os vestiarios 1-2 e 3-4 e poder dispoñer así dun espazo único con dobre capacidade. 

Durante o encontro a alcaldesa quixo poñer en valor o gran traballo que está a desenvolver a UD Ribera, “cunha clara aposta pola canteira e cunha reactivación exemplar tras a crise sanitaria". A alcalde indicou que "é un orgullo contar con entidades como este club, un dos poucos que durante a pandemia soubo adaptarse para manter a actividade deportiva entre nenos e nenas, algo tan importante para a saúde xeral, especialmente nun momento tan delicado”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones