Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal estrea web para mellorar a comunicación coa veciñanza

Cun deseño renovado e fresco, a páxina está centrada en facilitar á persoa usuaria o acceso á información e aos trámites

Cun deseño renovado e fresco, a páxina está centrada en facilitar á persoa usuaria o acceso á información e aos trámites

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Abril de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal continúa mellorando a súa comunicación coa veciñanza para ser máis accesible e transparente. Neste camiño, o Concello acaba de renovar a súa páxina web cun deseño fresco, atractivo, limpo, visual e intuitivo, con novos contidos adaptados á actualidade do municipio. Integrada coa nova imaxe institucional do Concello, a nova web une pasado, presente e futuro do Rosal cunha estética actualizada e contemporánea.

“Vivimos novos tempos no que cada vez damos máis importancia ao dixital e empregamos as novas tecnoloxías para todo, tamén para a nosa comunicación coas administracións. Por iso é fundamental ter unha web na que a veciñanza poda atopar ou realizar os trámites que precise do xeito máis cómodo posible”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A nova páxina web conta cunha reorganización da información centrada na persoa usuaria, para que poida atopar de xeito rápido e sinxelo o que busca, cun espazo de actualidade moi visible e accesible e con espazos destacados nos que salientar aspectos ou cuestións relevantes en cada momento. Tamén se incorpora un espazo máis activo e dinámico para as redes sociais co obxectivo de “ofrecer á veciñanza inmediatez e actualidade”.

Ademais de toda a información relativa á organización municipal, trámites, ordenanzas e regulamentos e todos os elementos necesarios da renovada identidade gráfica do Concello, a web conta tamén con acceso directo á administración dixital e a áreas municipais como cultura, urbanismo, igualdade, benestar social, turismo, medioambiente, infancia e mocidade, emprego ou ao mercado municipal.

Unha nova web que “pretende ser un portal de comunicación vivo entre o Concello e a veciñanza, que sexa útil e que poida empregarse comodamente no día a día para estar informado e realizar todos os trámites necesarios”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí