Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello do Rosal inaugura en Pías a súa clara aposta polas escolas unitarias

Este domingo presentouse á veciñanza unha reforma integral do centro que se implementará progresivamente no resto do CRA María Zambrano

Este domingo presentouse á veciñanza unha reforma integral do centro que se implementará progresivamente no resto do CRA María Zambrano

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal celebrou a pasada fin de semana unha exitosa xornada de portas abertas para presentar á veciñanza a reforma integral da escola unitaria de Pías, o primeiro gran paso na estratexia do Concello de reforma progresiva de todos os centros do CRA María Zambrano. “A transformación deste edificio é un exemplo da clara aposta que facemos dende o Goberno municipal non só pola educación de proximidade, senón tamén pola recuperación de inmobles de gran valor patrimonial seguindo sempre a liña da eficiencia enerxética e a sostibilidade medioambiental”, explicou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Neste sentido, o Concello está a facer un grande esforzo para captar fondos para a modernización destes centros nos que a única competencia que ten é de mantemento. Pero, como salientou a rexedora, “queremos ir moito máis alá. O noso obxectivo é apostar por ese modelo educativo diferencial que temos no noso municipio, un modo tamén de fixar poboación e manter viva a contorna. E para iso iremos reformando de forma integral todas as unitarias, evitando o posible deterioro estrutural de edificios únicos e mantendo as aulas en condicións óptimas e de confort para alumnado e docentes”.

Durante as obras de reforma, nas que se investiron arredor de 200.000 euros,  implementáronse tamén medidas para facer da escola un centro máis sostible. Así, instaláronse medidas que axudan a reducir ao mínimo o consumo enerxético, como a renovación completa do sistema de alumeado interior e da carpintería, así como das instalacións eléctricas, de fontanería e saneamento; un novo illamento térmico e unha nova soleira que impermeabiliza o contacto co chan; o illamento do teito; a incorporación de chan radiante para substituír os radiadores eléctricos que producían un alto consumo; un sistema de aerotermia con bomba de calor de alta eficiencia ou un sistema de renovación do aire interior con ventilación mecánica e recuperación de calor para garantir a calidade de aire sen gastar enerxía na climatización.

Deste xeito, o Concello traballa para dar solución “aos dous buratos negros de consumo que se detectaron na auditoría enerxética municipal: as luminarias públicas, para as que xa conseguimos 1,2 millóns de euros de fondos europeos para a súa renovación, e as escolas unitarias, que polo tipo de instalación teñen un consumo de enerxía moi alto”.

A alcaldesa rosaleira quixo agradecer a colaboración da comunidade educativa, que durante a execución das obras fixeron un grande esforzo para que a reforma integral fose unha realidade. “Son un exemplo de bo facer, como demostraron durante a pandemia, con esa capacidade de adaptación única. A todas e todos os docentes, nenos e nenas desexámoslle un grande inicio deste curso post pandemia no que todo volve á normalidade”, recalcou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí