Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello do Rosal mellora os camiños rosaleiros en colaboración coa Mancomunidade do Baixo Miño

Foron dous meses de intenso traballo no que se asfaltaron máis de 7.300 m2. Operarios do Concello traballaron man a man cos da Mancomunidade, que tamén achegou a maquinaria necesaria

Foron dous meses de intenso traballo no que se asfaltaron máis de 7.300 m2. Operarios do Concello traballaron man a man cos da Mancomunidade, que tamén achegou a maquinaria necesaria

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal vén de rematar dous intensos meses de colaboración coa Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño para a posta a punto dos camiños rosaleiros. Unha mellora das sendas de acceso ao río Miño dende As Eiras ata Pías, así como dunha decena de camiños asfaltados coa que o Goberno municipal busca “unha recuperación destas zonas ao abeiro da estratexia de mellora progresiva dos camiños do Rosal, garantindo o seu mantemento e recuperación empezando por aquelas zonas que presentan un maior estado de deterioro e que son empregados con maior frecuencia e por un maior número de veciños e veciñas”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A través desta colaboración, a Mancomunidade achega a maquinaria necesaria para os labores de preparación e asfaltado en frío, así como tres operarios que traballaron man a man durante este tempo con operarios municipais para abordar máis de 7.300 metros cadrados de camiños. A contorna do Camiño da Lomba e a ponte de Pau foron as zonas onde se arranxou unha maior superficie de camiños, con case 2.250 metros cadrados asfaltados, seguida das Eiras (case 1.700 m2), San Miguel (1.570 m2), Tabagón (case 1.000 m2), a contorna do Carrascal (900 m2) ou algún tramo en Portecelo.

Como salienta a rexedora, “dende o Concello queremos que todos os espazos de lecer sexan accesibles para a veciñanza, por iso traballamos na mellora progresiva dos camiños secundarios do Rosal”. Unhas melloras polas que seguirá apostando o Goberno municipal, que sacará en breve a licitación pública o asfaltado de máis camiños e estradas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí