Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal pon en marcha -Desde a miña ventá-, un xogo nas redes sociais no que as fotografías serán as protagonistas

Anímase aos veciños e veciñas a enviar fotos sacadas dende as súas fiestras para colgar nas redes sociais do Concello e adiviñar entre todas e todos de onde é a imaxe

Anímase aos veciños e veciñas a enviar fotos sacadas dende as súas fiestras para colgar nas redes sociais do Concello e adiviñar entre todas e todos de onde é a imaxe

Fecha: 04 de Abril de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Dende o Concello do Rosal queremos propoñer novas ideas coas que facer os días de confinamento máis levadíos. Por este motivo ponse en marcha o xogo ‘Desde a miña ventá', un xogo co que se busca implicar a toda a veciñanza e, a través de fotografías, levar uns intres de diversión a todas as casas. Todas as persoas do Rosal que queiran participar terán que facer unha fotografía amosando o que se ve dende a súa fiestra e enviala por correo electrónico a euquedonacasa@concellodorosal.gal poñendo nome e apelidos, teléfono e localización. Cada día o Concello colgará no seu perfil de Facebook unha das imaxes recibidas para que, mediante os comentarios, entre todos os veciños e veciñas adiviñen onde pode estar situada esa ventá.

Para poder participar, todas as fotografías deberán cumprir unha serie de requisitos mínimos. Así, en cada imaxe debe aparecer unha paisaxe do Rosal e as marxes da ventá ou o marco da fiestra dende a que se fai.
 
Non se aceptarán imaxes nas que saian persoas en primeiro plano, soamente paisaxes exteriores, nunca do interior da vivenda. E, para que sexa máis divertido, deberán ser zonas recoñecibles pero sen ser evidentes: as fotos poden dar pistas, pero nunca ser demasiado explícitas para poder xogar entre todas e todos un bo rato! O envío da fotografía suporá a aceptación e cesión de dereitos da mesma para a utilización no xogo por parte do Concello do Rosal, que se reserva a propiedade sobre futuros usos (arquivo, exposicións...).

A segunda parte do xogo terá lugar nas redes sociais. As persoas que queiran participar poden deixar o seu comentario na publicación tentando adiviñar o barrio ou a zona onde está tomada a fotografía, pero non se poderá dicir nunca o nome da persoa propietaria da vivenda nin se consentirán comentarios ofensivos ou de mal gusto.
Todas e todos a xogar!
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones