Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal pon en marcha unha decena de obradoiros de xuventude para este verán

Dirixidos a rapaces e rapazas a partir dos 12 anos, con estes talleres búscase favorecer unha programación de lecer variada

Dirixidos a rapaces e rapazas a partir dos 12 anos, con estes talleres búscase favorecer unha programación de lecer variada

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Junio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello pón en marcha para este verán unha decena de obradoiros monográficos dirixidos a rapaces e rapazas a partir dos 12 anos. Trátanse de talleres de temática diversa cos que se busca “favorecer unha programación de lecer o máis variada posible na que se fomente a participación de toda a mocidade”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

As persoas interesadas xa poden inscribirse a través da web do Concello aos diferentes obradoiros ofertados, que terán dúas datas de peche de inscrición previa. Por un lado, os nenos e nenas poden anotarse ata o 12 de xullo aos cursos de baile moderno, piragüismo, calcenecos, bixutería de reciclaxe, creación de obxectos con papel ou o de plástico máxico. Mentres, as persoas interesadas en participar no obradoiro de estampación en tela, de transferencia de imaxes, de letras alteradas ou de scrapbooking terán ata o 19 de xullo para a inscrición previa.

Así, no obradoiro de baile moderno as e os participantes desfrutarán da fusión de bailes urbanos con ballet clásico, danza ou jazz; no de piragüismo aprenderán todo o necesario para poder desenvolverse con soltura en augas tranquilas; no de calcenecos crearán monecos personalizados e moi variados a partir de calcetíns desemparellados ou vellos; no de bixutería reciclaranse colares, pendentes e pulseiras que xa non se empreguen, facendo novos complementos e aprendendo novas técnicas; no de ‘Dalle vida ao papel’ crearanse novos obxectos a partir de anacos de papel ou recortes e no de ‘Plástico máxico’ empregarase este novo tipo de plástico moi usado no mundo handmade para facer pequenas pezas de bixutería.

Pola súa banda, no de estampación en tela, o alumnado poderá decorar diferentes pezas téxtiles empregando diferentes técnicas de pintura e estampado; no de transferencia de imaxes crearán unha caixa decorativa cunha foto personalizada; no de ‘Letras alteradas’ decorarán unha letra de cartón con diferentes técnicas e adornos; e no de scrapbooking poderán coñecer un novo xeito de plasmar fotografías e recordos por medio dun proceso moi personalizado e creativo.

Na web municipal pódese atopar toda a información sobre os cursos, dende as actividades que se van a desenvolver ata data de celebración, horario, lugar e calquera outra indicación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí