Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal promove un proxecto piloto para crear iniciativas de inclusión entre persoas de diversas capacidades

Cocreando Sociedade nace co obxectivo de xerar unha contorna máis inclusiva. Nela colaboran representantes do tecido asociativo e de entidades que traballan a prol da diversidade

Cocreando Sociedade nace co obxectivo de xerar unha contorna máis inclusiva. Nela colaboran representantes do tecido asociativo e de entidades que traballan a prol da diversidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Julio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal, no seu firme compromiso coa inclusión, vén de poñer en marcha ‘Cocreando Sociedade’, un proxecto piloto participativo e transversal no que diferentes persoas, representantes de colectivos do tecido asociativo, da administración local e de entidades que traballan a prol da diversidade estreitarán lazos e codeseñarán iniciativas para poñer en práctica en vindeiras datas. Tras unha fase previa de investigación e coñecemento da realidade rosaleira, esta semana celebrouse o primeiro encontro presencial de traballo desta iniciativa que ten por obxectivo “xerar unha contorna máis inclusiva e democrática”, salienta a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís.

A través deste proxecto o Concello reúne a diferentes axentes chave no territorio co fin de ter unha mirada máis ampla que teña en consideración diversas capacidades. As entidades con escola implicadas neste proceso participativo son a Agrupación Musical do Rosal, a Sociedade Deportiva Atlético Novás, a Unión Deportiva Ribeira, o Club Ciclista do Rosal, a escola infantil Galiña Azul do Rosal, o CRA María Zambrano, o CPI Manuel Suárez Marquier e as asociacións San Xerome e Avelaíña, así como o propio Goberno municipal, representado pola rexedora e o concelleiro de Participación Veciñal, Ramón Fernández Leal.

Durante as primeiras xornadas de traballo, celebradas os pasados 28 e 29 de xuño, as persoas representantes das entidades tiveron a oportunidade de afondar no coñecemento de cada unha delas e compartir a súa relación coa discapacidade e a enfermidade mental.

A través de metodoloxías participativas xerouse un mapa de recursos compartidos, detectáronse necesidades das entidades e do propio territorio en relación á inclusión e, finalmente, codeseñáronse varias accións colaborativas para levar a cabo nos vindeiros meses.

O proxecto continuará na esfera dixital cunhas sesións de mentorización para axudar ás entidades a concretar o plan de acción. Unha vez completadas celebrarase outra sesión participativa de avaliación das experiencias e formularanse novas ideas para ser desenvolvidas nun plan de acción a tres anos vista co obxectivo de asegurar a visión inclusiva e achegar a todas as persoas a posibilidade de participar nunha sociedade máis diversa.

Ademais de para crear ese plan de acción conxunto, ‘Cocreando Sociedade’ nace cos obxectivos fundamentais de “aumentar a participación das persoas con diversidade funcional nas actividades cotiás do tecido asociativo, xerar sinerxías entre todas as entidades implicadas, contar coas propias persoas con diversidade funcional no deseño de actividades e poñer en valor o gran tecido asociativo que temos no Rosal”. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí