Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal recupera a Fonte de Martín, no Camiño do Souto

O goberno municipal continúa co plan de recuperación de elementos patrimoniais do municipio.

Os operarios municipais limparon esta fonte, datada de 1917, e restauraron o firme e un banco situado ao seu carón

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal continúa coa recuperación de elementos patrimoniais históricos espallados por toda a localidade. Os operarios municipais acaban de rematar os traballos de recuperación da Fonte de Martín, unha instalación data de 1917 situada no Camiño do Souto, no antigo camiño de acceso aos Muíños do Folón.

A fonte permanecía oculta á vista debido á gran cantidade de maleza que a recubría. Os operarios municipais levaron a cabo nos últimos días os traballos de eliminación de toda a herba e plantas que a recubrían, así como a limpeza da propia fonte e dos tanques de auga.

Xunto con estas tarefas tamén restaurou o firme da fonte, garantindo a seguridade de todas as persoas que se acheguen ata ela, e recuperouse un banco que estaba derruído e que permitirá á veciñanza desfrutar deste espazo.

Todas estas tarefas enmárcanse no plan posto en marcha polo goberno municipal para poñer en valor aquelas construcións singulares coas que conta O Rosal, como fontes e lavadoiros, e que xa comezaran coa recuperación da fonte de Marzán, un lavadoiro histórico situado na zona coñecida como o Campo da Fonte e datado do ano 1891.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí