Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello do Rosal renova toda a sinalización do Sendeiro de Pescadores

O percorrido de 7,5 km que vai dende a praia das Eiras ata o muíño das Aceñas conta con novas sinais, postes e paneis de información

O percorrido de 7,5 km que vai dende a praia das Eiras ata o muíño das Aceñas conta con novas sinais, postes e paneis de información

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal aposta polo sendeirismo como medio para dar valor ao seu patrimonio natural e atraer visitantes ao municipio.

No marco desta estratexia acaba de renovar toda a sinalización do Sendeiro de Pescadores, un percorrido que comeza na contorna da praia das Eiras e que discorre 7,5 km polas ribeiras dos ríos Miño e Carballas. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que os traballos para mellorar a sinalización deste percorrido de gran valor histórico, paisaxístico e natural do noso concello xa están finalizados, e anima á veciñanza “a pasear por esta fermosa senda”.

A renovación contou con varias intervencións. Renováronse todas as marcas pintadas sobre as árbores tendo o máximo respecto co seu benestar, colocáronse postes novos para sinalar o percorrido e se substituíronse os paneis de información en mal estado. Tamén se apostou con facer esta senda máis atractiva para nenos e nenas coa colocación de puntos de información medio ambiental de baixa altura, na que poden aprender sobre a flora e a fauna que vive no sendeiro.

O Sendeiro de Pescadores é un camiño de gran valor para O Rosal. Percórrese en aproximadamente hora e media, e da acceso a bosques de ribeira, zonas de esteiro e xunqueira, espazos de interese ornitolóxico, pontes históricas, un serradoiro a vapor, muíños hidráulicos e varias áreas de recreo. Pódese comezar na praia das Eiras, para rematar nas Aceñas, ou ben pódese partir da área recreativa das Aceñas para concluír nas Eiras. En ambos extremos da ruta hai espazo de aparcamento.

No Concello tamén queren solicitar á veciñanza a súa colaboración para manter en perfectas condicións o sendeiro. Tanto no coidado do medio natural como da sinalización cando se camiñe, pero tamén cando haxa traballos agrícolas ou de limpeza cerca.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí