Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal rexeita o proxecto do parque eólico da Xunta na Serra da Groba

Aprobada por unanimidade unha moción do BNG pedindo a paralización da iniciativa

Aprobada por unanimidade unha moción do BNG pedindo a paralización da iniciativa

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Enero de 2021

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal aprobou por unanimidade este xoves no pleno municipal unha moción presentada polo BNG de rexeitamento do proxecto o parque eólico promovido pola Xunta de Galicia na Serra da Groba. Esta iniciativa supón a construción de 44 aeroxeneradores e 4 subestacións de transformación e transporte, dos que 5 estarían situados no Rosal, coa súa correspondente infraestrutura asociada, dende vieiros de aceso e servizo ata plataformas de montaxe ou gabias de cableado.

Aínda que dende o Concello se defende o uso de enerxías limpas e renovables como a eólica, a moción recalca a importancia de que a súa construción e ubicación sexa compatible co medio e co uso funcional do monte, na procura dun menor impacto medioambiental.

Por este motivo, denuncia ante a Xunta o modelo opaco seguido na adxudicación e tramitación dos parques eólicos que afectan á Serra da Groba, esixindo á Consellería de Industria a paralización dos proxectos en marcha e a aprobación dun novo marco lexislativo e dun novo Plan sectorial eólico que garantan a iniciativa pública e das comunidades locais na planificación enerxética, a tramitación transparente dos proxectos, dos dereitos das persoas propietarias dos terreo e a avaliación ambiental conxunta do plan e dos parques. A moción tamén destaca que a lei deixa aos propietarios dos terreos nunha situación de indefensión, empurrándoos a aceptar a proposta económica da empresa adxudicataria se non queren facer fronte a un proceso de expropiación.

O pleno aprobou onte tamén por unanimidade, cos votos a favor de BNG, PP e PSOE, a proposta inicial da ordenanza reguladora da limpeza de fincas, da distancia de plantacións nos terreos clasificados como urbanos e da xestión da biomasa no Rosal, que busca establecer un regulamento dentro do ámbito das competencias municipais para conseguir as axeitadas condicións de seguridade e reducir os riscos asociados aos incendios forestais.

Por último, o pleno deu o visto e prace con 8 votos a favor e 5 abstencións aos orzamentos municipais para este ano 2021, que superan os 3,3 millóns de euros e contemplan un importante incremento no gasto corrente e social, ademais da inclusión de investimentos que apostan polo benestar social, a proximidade, a igualdade, a cultura, o deporte, a mobilidade sostible, o desenvolvemento local, as traídas de augas ou a sostibilidade ambiental.

Todas as persoas interesadas en ver o pleno, celebrado de forma telemática, poden consultalo no Portal de Transparencia da web do Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí