Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello interésase pola situación do despregue de fibra no Rosal

Mantivo este mércores unha reunión de traballo con responsables de Telefónica para darlle traslado tamén da problemática crecente coa que se atopa a veciñanza

Mantivo este mércores unha reunión de traballo con responsables de Telefónica para darlle traslado tamén da problemática crecente coa que se atopa a veciñanza

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Febrero de 2021

Fuente: Concello do Rosal

A alcaldesa do Rosal,  Ánxela Fernández Callís, e o técnico municipal de urbanismo mantiveron este mércores unha reunión telemática coas dúas persoas responsables do despregue de fibra no municipio por parte de Telefónica, a empresa á que un órgano supramunicipal adxudicou o servizo de implantación desta tecnoloxía ata 2024. “Aínda que o Concello non ten competencias nesta área si que nos incumbe todo o que está a pasar, xa que afecta de forma directa á nosa veciñanza. Por iso decidimos solicitar unha reunión coa compañía para informarnos de cal é a situación no Rosal”, asegurou a rexedora, que recalcou que “para nós é importante poder dispoñer dunhas boas conexións e queremos que ese despregue se faga ben, de xeito coherente”.

Durante a reunión, a alcaldesa deu traslado á compañía da crecente problemática que se está a detectar e que manifestan os veciños e veciñas co obxectivo de buscar solucións para que O Rosal dispoña deste servizo de conexión de banda ancha e mellorar a comunicación directa para a resolución das incidencias que se están a producir. Neste sentido, calquera veciño ou veciña que teña algunha incidencia relacionada coa fibra de Telefónica ou o seu despregue debe chamar ao 1002 para dar parte.

Pese a non ter competencias, dende o Concello reiterouse a boa disposición a colaborar en todo o que estea na súa man para garantir unha mellora nas posibilidades de acceso a esta tecnoloxía por parte da veciñanza, facilitando e axilizando os trámites administrativos que debe realizar Telefónica para levar a cabo as obras necesarias na vía pública para a implantación da fibra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí