Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello pide o apoio da cidadanía ao sector da hostalería da Guarda

O Concello da Guarda ven de poñer en marcha varias accións dirixidas a apoiar á hostalaría do noso pobo ante as últimas restricións impostas pola Xunta de Galicia.

O Concello da Guarda ven de poñer en marcha varias accións dirixidas a apoiar á hostalaría do noso pobo ante as últimas restricións impostas pola Xunta de Galicia.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Enero de 2021

Fuente: Concello da Guarda

  • O Concello da Guarda ven de poñer en marcha varias accións dirixidas a apoiar á hostalaría do noso pobo ante as últimas restricións impostas pola Xunta de Galicia.
  • Dentro delas estarían a elaboración e difusión dun listado de establecementos que seguen prestando servizos neste momento, a creación dunha canle informativa dentro da web de Turismo e específica para o sector, e a intención de non pasar a cobro as taxas por ocupación de vía pública das terrazas durante esta anualidade.

Unha vez publicadas as restricións ditadas pola administración autonómica e que afectaron dun xeito tan extremo á hostalería, o Concello iniciou unha rolda de contactos individualizados co sector para coñecer de primeira man a situación na que se atopaban e os pasos que darían de cara a continuar traballando baixo as novas limitacións.

Destes contactos obtivéronse datos para a elaboración dun listado de establecementos con información sobre horarios e datas de apertura das terrazas, servizos de comida para levar ou de entrega a domicilio.

Este listado foi difundido o martes día 19 a través da web e das redes sociais do Concello, na web de Turismo, así como na App Concello da Guarda, para que esta información poda estar dispoñible para a cidadanía. O listado irá actualizándose en función da evolución da situación ou de posibles cambios nos servizos.

De xeito paralelo, outra das medidas postas en marcha polo consistorio, e que ten como obxectivo manter informados aos hostaleiros e hostaleiras da Guarda, foi a habilitación dunha sección específica na web de Turismo coa seguinte ligazón https://www.turismoaguarda.es/hostaleria/, que ven a complementar as comunicacións que se facían ata agora dun xeito máis informal a través de mensaxería e correo electrónico, e no que se poderá acceder a información actualizada sobre liñas de axuda, convocatorias, novas, etc. relacionadas co sector.

Así mesmo, durante esta anualidade seguirase na liña do 2020 e non se pasarán a cobro as taxas por ocupación de vía pública das terrazas.

Por último, e na liña dos últimos días, a corporación municipal continuará denunciando a gravidade da situación pola que está a pasar a hostalería do noso pobo e instando as demais administracións para que lles proporcionen solucións rápidas e efectivas.

Desde o Concello pedimos tamén o apoio da poboación da Guarda a este sector, que está sendo especialmente castigado durante a pandemia e que supón o sustento de moitas familias da nosa vila. Esta situación está afogando aos nosos hostaleiros e hostaleiras e está nas mans de todas e todos tenderlles a man e axudalos a manterse a flote.

Con xestos tan sinxelos como pedir un café para levar, encargar unha comida para a casa, ou facer uso das terrazas cando o tempo o permita, e sempre con responsabilidade e baixo as indicacións sanitarias, estaremos contribuíndo á supervivencia de moitos dos nosos establecementos.   

Pola súa parte o Concello seguirá atento á evolución da situación e continuará traballando para poñer en marcha novas medidas que axuden ao remonte da hostalería e dos demais motores económicos da vila.

?Fai clic no cartaz para ampliar ?

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí