Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello remata o proxecto de mellora de abastecemento de auga no Rosal

Con estas obras complétase a infraestrutura dende o depósito situado na Costeira ata o Campo da Feira, ampliando o caudal

Con estas obras complétase a infraestrutura dende o depósito situado na Costeira ata o Campo da Feira, ampliando o caudal

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Julio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello vén de rematar o proxecto de mellora de abastecemento de auga no Rosal, unhas obras que comezaron o pasado mes de abril e que tiñan por obxecto “mellorar as infraestruturas, optimizar as conexións e garantir o subministro” á veciñanza. Con estas obras, desenvolvidas ao abeiro do Plan concellos 2020 da Deputación de Pontevedra e cun investimento total de 39.000 euros, complétase a infraestrutura que vai dende o depósito da Costeira ata o Campo da Feira, mellorando a conexión de rede existente e permitindo aumentar o caudal de auga.

Cambiáronse pezas interiores da rede de conexión na arqueta do Campo da Feira para aumentar o diámetro da tubaxe de 125 a 200 mm e, ao mesmo tempo, o caudal e a capacidade hidráulica, “deixando saneada completamente toda a infraestrutura desta zona”.

Por outra banda, o proxecto incluíu tamén a implementación de melloras na conexión de rede existente no Camiño da Buraca e que vai ata a Subida a Martín, completando a canalización de 180 mm que aínda non estaba renovada e repoñendo tamén os pavimentos neste tramo. Ademais, a execución de elementos de manobra necesarios nesta rede permiten dende agora a regulación mediante válvulas dos diferentes fluxos de auga, permitindo cortes sectoriais no caso de que sexa necesario. O tamaño das arquetas permitirá ademais manter esta infraestrutura nas condicións axeitadas.

“Dende o Concello continuamos apostando pola mellora paulatina das infraestruturas do Rosal de xeito sostible, o que repercute directamente na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí