Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello restaura a Fonte de Marzán, datada do ano 1891

O Rosal irá recuperando pouco a pouco este tipo de elementos patrimoniais e etnográficos cos que conta o municipio

O Rosal irá recuperando pouco a pouco este tipo de elementos patrimoniais e etnográficos cos que conta o municipio

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal vén de rematar as obras de restauración da Fonte de Marzán, un lavadoiro histórico situado na zona coñecida como o Campo da Fonte e que está datado do ano 1891.

Operarios municipais levaron a cabo nos últimos días os traballos para a limpeza do ámbito da fonte. Revisouse a canalización que trae a auga, un sumidoiro de pedra que estaba en boas condicións, e melloráronse á súa vez as drenaxes da fonte.

Historicamente zona de rego, aproveitáronse os traballos de restauración para arranxar as canalizacións polas que se desvía a auga dende a fonte e o lavadoiro para que os veciños e veciñas da zona poidan continuar cos labores de regadío, sobre todo no verán.

Como complemento aos traballos no interior da fonte tamén se mellorou a accesibilidade creando unhas escaleiras e unha rampla, fixéronse muros de cachotería rústica de contención da estrada e construíuse unha varanda cunha fila de pedras rodeando a fonte. Ademais, preparouse un espazo de lecer e descanso con dous bancos para o uso e desfrute da veciñanza que se rematará coa colocación de elementos arbóreos.

Trátase dunha das primeiras accións de recuperación que levará a cabo o goberno municipal para poñer en valor aquelas construcións singulares cos que conta o Rosal, como fontes e lavadoiros, tan importantes para a sociedade rosaleira durante moitos anos. “Pouco a pouco iremos recuperando este tipo de elementos patrimoniais, dos que temos moitos por todo o municipio”, sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí