Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello transformará a contorna das Eiras

A alcaldesa agradeceu a implicación da veciñanza no acto de participación social de presentación do proxecto, no que puideron expoñer as súas suxestións

A alcaldesa agradeceu a implicación da veciñanza no acto de participación social de presentación do proxecto, no que puideron expoñer as súas suxestións

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Agosto de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal continúa a súa aposta por proxectos que permitan un desenvolvemento integral do municipio, poñendo en valor os seus espazos e o seu patrimonio e situando de novo ás persoas no centro. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, presentou nun encontro coa veciñanza o proxecto de mellora e transformación da contorna das Eiras, unha zona “cun elevado valor natural e patrimonial que vai dende a Ribeira ata a Madalena con actuacións que resolven problemáticas concretas, recuperan o patrimonio cultural e melloran os accesos, os camiños, as sendas e, por suposto, a calidade de vida da veciñanza e das persoas visitantes”.

O Concello celebrou un acto de participación social aberto no que os veciños e veciñas achegaron ideas e suxestións que incorporar ao proxecto. “Non podemos máis que agradecer a implicación e compromiso dos rosaleiros e rosaleiras, xa que para nós é moi importante poder facer unha escoita activa dos nosos veciños e veciñas, porque son os que mellor coñecen a realidade da contorna”, recalca a rexedora.

A transformación das Eiras comezará pola mellora da accesibilidade da Igrexa e da súa contorna deteriorada. O proxecto integral busca dar prioridade ás persoas, mellorando as condicións de accesibilidade peonil para reconectar o Miño coa Madalena e creando espazos de calidade e máis seguros, con mobiliario urbano que xere pequenas zonas de estancia e reducindo a velocidade e mudando pavimentos. Ademais, “atendendo á realidade climática, empregaranse materiais de KM0, especies vexetais autóctonas sen regos e pavimentos permeables e semipermeables que melloren a relación entre o medio e as persoas que o habitan”. Ese respecto polo territorio estenderase tamén aos materiais empregados, con formas e cores inspirados na paisaxe e no propio medio que mellorarán a accesibilidade e se difuminarán entre o patrimonio existente.

Dende o Concello estase a levar a cabo un importante traballo para captar fondos externos cos que desenvolver estes proxectos que buscan “transformar O Rosal priorizando a sostibilidade, a calidade de vida e a recuperación de espazo público para as persoas, como marcan os valores europeos de cara ao futuro”, explica Fernández Callís.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí