Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concerto de Treixadura coa Banda do Rosal porá o broche de ouro ás Festas do Verán do Pilar

As festas volven este 24 e 25 de xullo con actividades para todos os públicos no colexio da Mata

As festas volven este 24 e 25 de xullo con actividades para todos os públicos no colexio da Mata

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal celebra un ano máis as tradicionais Festas do Verán do Pilar cunha programación cultural con actividades e entretemento para todos os públicos. O 24 e 25 de xullo o colexio da Mata converterase no escenario perfecto para acoller deporte, xogos, música e moito lecer en familia.

Así as festas comezarán o domingo ás 18.00 horas co III Torneo de Xadrez do Concello do Rosal, unha cita indispensable para todas e todos os apaixonados deste deporte e que reunirá a xogadoras e xogadores dende a categoría prebenxamín ata a de adultos. Á mesma hora tamén haberá xogos populares abertos a todos os públicos. A xornada rematará coa cuarta edición do "Festival Xente Xida" a partir das 21.30 horas, unha festa para todas as idades organizada en colaboración coa Asociación Cultural Xida na que se poderá desfrutar da música con raíces e da gastronomía.

O luns 25 a festa comezará ás 19.00 h con "A familia unida", un espectáculo de monicreques de Títeres Mircromina ao estilo clásico de luva libre e desenfadada, chea de ritmos, xogos e cachiporra. Nenos, nenas e maiores poderán gozar así da historia de André, o presentador do espectáculo, que oferta unha colocación de por vida coas mellores condicións condicións de traballo posibles. Ao seu carón estará Cromina, que despois de ser pais, enfronta a súa natureza festeira á responsabilidade e seriedade das circunstancias.

Xa ás 20.00 horas os protagonistas será o Encontro dos Pobos, o festival folclórico internacional máis veterano da comarca no que o público poderá desfrutar do intercambio cultural cos grupos locais Do Lusco ó Fusco (A Guarda) e Seixos Albos (Tui) e co eslovaco Drevar.

O broche de ouro ás Festas de Verán do Pilar virá da man do concerto do grupo Treixadura ás 22.00 horas, que estará acompañado no escenario pola Banda da Agrupación Musical do Rosal. Un espectáculo musical sorprendente no que o público poderá desfrutar da música tradicional dende dúas concepcións ben arraigadas, o canto e a gaita, e cunha personalidade moi característica na que enlaza a raíz musical da nosa cultura cun xeito de entender hoxe a música tradicional.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, quixo agradecer “a gran colaboración que existe entre Concello e todas as asociacións e entidades que participan na organización de todos estes eventos e espectáculos, que nos permiten traballar man a man para poder desfrutar un ano máis das nosas tradicionais Festas do Verán do Pilar”. A rexedora convida a toda a veciñanza a participar nestes dous días de festa cunha intensa programación para todos os gustos e todas as idades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí