Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concerto de Treixadura pechou unha fin de semana de afluencia histórica no Rosal

As festas de verán do Pilar ofrecían unha ampla programación cultural con actividades para todos os públicos

As festas de verán do Pilar ofrecían unha ampla programación cultural con actividades para todos os públicos

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

As festas de verán do Pilar, celebradas esta fin de semana, bateron un récord de afluencia, especialmente, no concerto de Treixadura, ao que acudiron máis de 1.200 persoas. O grupo, que estivo acompañado pola Banda da Agrupación Musical do Rosal, ofreceu un espectáculo musical sorprendente no que o público puido desfrutar do seu xeito tan especial de entender a música tradicional.

Ademais do prato forte co concerto de Treixadura, as festas ofrecían unha programación cultural diversa que incluía actividades infantís, deportivas, baile e unha espectacular exposición de maquetas elaboradas por Praxíteles que, como o resto de propostas, recibiu moitas visitas.

O domingo tivo lugar, grazas ao club Albatros da Guarda, o III Torneo de Xadrez do Concello do Rosal, unha cita imprescindible que congregou a apaixonados e apaixonadas deste deporte de todas as idades dende a categoría prebenxamín. A xornada contou tamén con xogos populares abertos a todos os públicos. E, por último, e grazas á Asociación Cultural Xida, tivo lugar unha nova edición do "Festival Xente Xida", unha festa para todas as idades que mesturaba música con raíces e gastronomía.

O luns 25, as e os rosaleiros puideron gozar do espectáculo de monicreques "A familia unida" da man de Títeres Mircromina, e do "Encontro dos Pobos", o festival folclórico internacional máis veterano da comarca no que participaron Do Lusco ó Fusco (A Guarda), o grupo Seixos Albos de Tui e o eslovaco Drevar.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, agradeceu ao tecido asociativo o seu compromiso, pois, segundo explicou, "foi un traballo colectivo do Concello man a man coas asociacións o que fixo posible unha fin de semana chea de actividades culturais”. Ademais, a rexedora valora positivamente a grande resposta local: “despois do esforzo na pandemia para manter viva a cultura, a veciñanza do Rosal respondeu cunha participación histórica e iso haino que agradecer".

Tras unha fin de semana intensa, as festas de verán do Pilar remataron co concerto de Treixadura, que bateu todos os récords de afluencia histórica no Concello con máis de 1.200 asistentes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí