Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O conflicto entre bateeiros e percebeiros chega á costa sur de Pontevedra

Na mañá deste luns percebeiros da Confradía da Guarda deron conta da presenza na súa zona de bateeiros doutras zonas de Galicia

Na mañá deste luns percebeiros da Confradía da Guarda deron conta da presenza na súa zona de bateeiros doutras zonas de Galicia

Fecha: 18 de Mayo de 2020

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

Na mañá deste luns día 18 de maio de 2020 máis dunha veintena de percebeiros da Confraría da Guarda deron conta da presenza na súa zona de explotación de máis de unha ducia de vehículos con bateeiros doutras zonas de Galicia que se dispoñían a, supostamente, coller das rochas cría de mexilón.

Segundo un pacto celebrado a pasada semana, os bateeiros contaban coa autorización pertinente da Xunta de Galicia, pero dende a Confraría da Guarda manifestaron, en palabras da súa Pratrona Maior, Silvia Crespo, que se atopou algo máis que cría de mexilón nas sacas destes bateeiros, polo que non pensan consentir que lle leven o percebe da súa zona de explotación.

Segundo manifestou a Patrona Maior, este problema estáse a dar en varios puntos da xeografía galega e pídenlle á Xunta de Galicia que tome medidas, porque isto pode acabar nun conflicto de envergadura se non se chega a un acordo consensuado e se respectan as zonas de cría que, tal e como manifestou, é á súa garantía de futuro para vindeiros anos.

Na zona do Sollás en Camposancos(A Guarda), congregáronse máis dunha veintena de percebeiros para seguir de cerca o traballo dos bateeiros, pero xa se dera unha situación similar na costa de Portecelo en O Rosal a primeira hora da mañá, con outro grupo de bateeiros.

Os bateeiros, pola súa banda, dixeron sentirse coartados no exercicio do seu traballo, engadindo que teñen os permisos pertinentes para facer o que estaban a facer na Guarda e as autorizacións da Xunta de Galicia para poder facelo.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Guardia Civil, Vixiantes da Confradía da Guarda e do Servizo de Inspección Pesqueira de Garda Costas de Galicia.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones