Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Consello da Infancia de Tomiño busca solucións ao acoso escolar

O grupo reuniuse cos do Porriño e Redondela para compartir ideas e propoñer accións conxuntas

O grupo reuniuse cos do Porriño e Redondela para compartir ideas e propoñer accións conxuntas

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

O Consello da Infancia e Adolescencia "Voces Novas" de Tomiño reuniuse esta semana cos seus homólogos do Porriño e Redondela cun obxectivo moi concreto: buscar solucións ao acoso (bullying) que sufren miles de escolares na nosa sociedade; reunir en conxunto propostas que poidan levarse a cabo para tentar dar unha mellor resposta a esta terrible problemática.

 

Os tres grupos levan tempo traballando por separado ao redor desta temática. Na xuntanza, que se celebrou de xeito telemático, puideron compartir ideas, impresións e posibles propostas para que a lacra do acoso escolar sexa tratado tamén dende os seus puntos de vista. "Nos estamos máis próximos ás realidades desta problemática", explicaban. Afirmaban, ademais, que o bullying ten a súa orixe na propia sociedade e non é algo que parta da xente nova, de forma illada, senón que é unha reproducción da violencia que exercen as persoas adultas.

 

Aproveitaron tamén para falar do asasinato de Samuel, acontencido esta fin de semana e lamentaron que este tipo de actos sigan acontecendo, concluíndo que "queda moito traballo por facer".

 

A concelleira de Mocidade e Participación Infantil, Fátima Rodríguez, xunto con Lourdes do Porriño e Olga de Redondela, entraron tamén á videoconferencia para agradecerlles o traballo que levan realizado durante un curso tan complexo como este, desexando que poidan voltar a encontrarse de forma presencial despois do verán.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí