Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONSERVATORIO DE MÚSICA DE TUI ORGANIZA O IV CICLO DE CONCERTOS DE XOVES INTÉRPRETES

Amais, o próximo mércores presentarase en concerto -O último home de Fukushima- de Karolis Biveinis e en abril celebrarase a -2ª Aula Aberta de Saxofón-

Amais, o próximo mércores presentarase en concerto -O último home de Fukushima- de Karolis Biveinis e en abril celebrarase a -2ª Aula Aberta de Saxofón-

Fecha: 25 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tui

O próximo luns, 21 de marzo, comeza o IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes organizado polo Conservatorio Profesional de Música e pola Escola de Música de Tui.  Conforman este ciclo un total de catro concertos que se celebrarán na sala de audicións do Conservatorio con entrada gratuíta.

A primeira cita será o próximo luns, 21 de marzo, ás 20.30h a cargo de Alma Giráldez Vázquez ao violín, Ángel Cánfora Lorenzo á tuba e Diego Álvarez Coedo, ao piano.

Xa no mes de abril celebraranse tres concertos. O luns 18 de abril a cargo de Mónica López Cerqueira á frauta traveseira, Ella Cordon Vieito ao piano e Sara Pumar Lomba, ao clarinete. O 25 de abril actuarán Felipe Fernández Vilanova á trompeta, e Antonio González Uris, ao piano. O cuarto e último dos concertos será o
venres, 29 de abril, con José Castro Martínez ao clarinete e Sergio Alonso Pazo á guitarra. Todos os concertos celebraranse na sala de audicións do Conservatorio de Música de Tui ás 20.30h e a entrada é gratuíta.

Concerto presentación de "O último home de Fukushima" de Karolis Biveinis

Por outra banda o vindeiro mércores, 23 de marzo, o Conservatorio organiza un concerto-presentación do traballo discográfico "O último home de Fukushima" do compositor e pianista Károlis Biveinis, que é profesor neste centro de estudos musicais. O Concerto será ás 20h na sala Félix Rodríguez a cargo dos alumnos do Conservatorio Profesional de Tui Juan Paramos, Alberto Bernárdez, Gonzalo González, María Álvarez, Oscar Mirás, Diego Álvarez, Diego Santamaría, Antonio González, Julia Portela i Ella Cordón ao piano; Miguel Bargiela e Néstor Lomba ao saxofón; Julia Rodríguez ao violín; José Castro e Sara Pumar ao clarinete; Alejandra Fernández ao violonchelo; e Sergio Alonso á guitarra. Tamén actuarán coma convidados Irene Cebada ao violín, Jorge Suárez ao violonchelo, Diogo Barreira ao contrabaixo e o profesor Gabriel Silvera á guitarra.

O 1 e 2 de abril celébrase a  "2ª Aula aberta de saxofón" a cargo do profesor Rafael Yebra

Para rematar, o Conservatorio Profesional de Música de Tui organiza a "2ª Aula aberta de saxofón", que se celebrará o 1 e 2 de abril, a cargo de Rafael Yebra, profesor no Conservatorio de Música Superior de Vigo. Colaboran na realización deste evento o Concello de Tui e a Asociación Frai Rosendo Salvado. Os interesados poden ampliar esta información ou inscribirse no correo electrónico cmus.profesional.tui@edu.xunta.es, ou persoalmente no Conservatorio Profesional de Música de Tui en horario de oficina.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones