Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Coro Gli Appassionati visita A Guarda este sábado no segundo concerto do ciclo de Música Coral

A entrada é de balde ata completar o aforo e o inicio do concerto será ás 20:30h, retirada de entradas previa dende o 25 de marzo no Centro Cultural

A entrada é de balde ata completar o aforo e o inicio do concerto será ás 20:30h, retirada de entradas previa dende o 25 de marzo no Centro Cultural

Fecha: 30 de Marzo de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O pasado sábado día 16 de febreiro arrancou no Centro Cultural da Guarda o Ciclo de Música Coral, contando nesta ocasión coa participación do Coro Diapasón de Ferrol, o Coro Arpegios da Guarda e o Coro Cantábile da Guarda.

Despois deste primeiro concerto, o vindeiro sábado día 30 de marzo o Centro Cultural acollerá o segundo concerto do Ciclo de Música Coral contando coa participación do Coro «Gli Appassionati».

O coro «Gli Appassionati» nace no ano 2012 da man da mezzosoprano Nuria Lorenzo, é unha formación coral integrada por xoves "apaixoados" polo canto e a música en xeral que os define como grupo. Este coro representa a consolidación dun esforzo por crear unha formación vocal de gran calidade abordando unha gran variedade de repertorio de gran dificultade que inclúe obras de música Clásica, Pop, e do folclore internacional con plenas garantías de éxito e alto nivel de esixencia.

Os seus compoñentes posúen unha sólida preparación vocal e musical así como unha ampla experiencia coral, gañando numerosos premios e contando cun gran palmarés no que se inclúen 10 Premios nacionais, 1º Premio no I Certame Nacional de Canto Coral de Villanueva de la Serena de Badajoz, Premio Especial do Público no L Certame da Canción Mariñeira de San Vicente de la Barquera en Cantabria, Finalistas no LXIII Certame Internacional de Habaneras e Polifonía de Torrevieja, 1º Premio no II Certame de Corais Vila de Arbo, entre outros.

Sen dúbida unha extraordinaria oportunidade de escoitar a unha das mellores formacións corais no Centro Cultural da Guarda, a entrada é de balde ata completar o aforo e o inicio do concerto será ás 20:30h, retirada de entradas previa dende o 25 de marzo no Centro Cultural.

Para máis información http://corogliappassionati.com/

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones