Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CRA de Tomiño seleccionado para un proxecto de intercambio con outro centro español

Durante os vindeiros dous cursos desenvolverá un programa de cooperación co colexio Els Arrels da Comunidade Valenciana

Durante os vindeiros dous cursos desenvolverá un programa de cooperación co colexio Els Arrels da Comunidade Valenciana

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

O CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño embárcase nunha nova aventura ao ser seleccionado o seu proxecto para levar a cabo durante os vindeiros dous cursos, un programa de cooperación co colexio “Els Arrels” da Comunidade Valenciana; centro coñecido tamén por ser un referente innovador na súa comunidade, e co que comparte intereses educativos ao ter unha visión similiar da infancia.

 

Explica Antón de Valenzuela, director do centro, que esta colaboración é froito da participación no programa de Agrupación de Centros Educativos convocado pola Subdirección General de Cooperación Territorial e Innovación Educativa. "A participación neste programa posibilitará poder contar con máis recursos e formación para desenvolver o que para o noso centro era unha demanda, cunha temática na que xa traballamos os últimos cursos e na que este ano participa todo o claustro dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), ao que polo tanto poderemos sacarlle moito máis rendemento",comenta.

 

Por medio desta colaboración o CRA, formado por 13 aulas espalladas polas diferentes parroquias de Tomiño (con escolares de 3 a 6 anos), desenvolverá un proxecto común centrado na observación-documentación, de xeito que poida compartir experiencias e puntos de vista, así como levar a cabo un intercambio de visitas de mestres entre os dous centros, e como broche final, unha visita común a un centro específico Reggio Emilia en Italia.

 

"Agardemos por tanto saber xestionalo ben, e conseguir sacar desta oportunidade todo o proveito que poidamos, facendo que repercuta directamente na calidade educativa que ofrecemos nas nosas escolas, baixo o lema: "CRA de Tomiño – Máis que un cole",  "afirma o director.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí