Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CRA María Zambrano, unha escola rural onde aprender é un xogo de nenos

Cun trato personalizado e próximo con estudantes e familia e a relación coa contorna son outras das súas marcas de identidade. As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de praza ata o 22 de marzo

Cun trato personalizado e próximo con estudantes e familia e a relación coa contorna son outras das súas marcas de identidade. As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de praza ata o 22 de marzo

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Marzo de 2021

Fuente: Concello do Rosal

Aprender xogando e xogar para aprender. Así de claro o teñen nas aulas do CRA María Zambrano do Rosal, un colexio rural agrupado con seis escolas unitarias  para alumnado de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria no que unha forma de ensino pioneira se mestura cun trato moi personalizado e próximo tanto cos nenos e nenas como coas súas familias. Unha andadura conxunta durante os primeiros anos de vida dos cativos e cativas no que un completo equipo de docentes e expertos que os acompaña no seu crecemento educativo e persoal.

Para iso optan por escapar de métodos clásicos e traballar por proxectos con grupos reducidos que permitan atender á diversidade de todo o alumnado e cunha educación en valores na que as novas tecnoloxías tamén teñen cabida. A robótica, a mesa de luz, as pizarras dixitais... conviven tamén con metodoloxías manipulativas e cun coñecemento e agarimoso coidado da contorna con iniciativas como a horta escolar ou o recuncho de compostaxe. Todo con amplas zonas de lecer rodeadas de natureza no que os nenos e nenas poden aprender investigando, explorando e creando.

Un proxecto educativo integral no que os nenos e nenas son o máis importante e que conta cun ademais de cos mestres e mestras cun equipo de Orientación coa especialidade de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe. Cunha xornada lectiva de 09.00 a 14.00 horas, o vindeiro curso o CRA completará a súa oferta educativa cos servizos de aula madruga con almorzos saudables, variados e actividades educativas dende as 08.00 h ata o comezo das clases; biblioteca escolar, aberta a todas as familias e á comunidade escolar; comedor e actividades extraescolares organizadas pola ANPA do centro.

As aulas das escolas en Couso, Fornelos, Marzán, Novas, Paradelas e Pías contan nestes intres con 8 unidades de educación infantil e 3 de primaria e xa teñen aberto o seu proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2021-22. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude de praza ata o vindeiro 22 de marzo e teñen á súa disposición toda a información necesaria na web do propio CRA.

Se che gusta o seu proxecto, non o dubides... escolarízate no rural!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí