Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CRA tomiñés abre as súas portas

O día 3 de marzo organiza unha xornada de portas abertas en horario de mañá e tarde

O Colexio Rural Agrupado Mestre Manuel Garcés é un dos máis grandes de Galicia, con 13 aulas espalladas no rural

Fecha: 03 de Marzo de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, un dos máis grandes de Galicia, organiza unhas xornadas de portas abertas mañá, 3 de marzo, en horario de mañá e tarde (10.00h a 13.00h e 16.00h a 18.30h), co fin de dar a coñecer o centro e o seus métodos de traballo, e poñer en valor a escola rural como modelo educativo. Tamén é posible visitar o centro outro día, pero chamando para concertar cita (986 622 775).

A oferta educativa vai dirixida a nenos e nenas de 2º ciclo de educación infantil (3 a 6 anos) que poderán matricularse entre os días 1 e 20 de marzo.

Con máis de 130 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, repartidos en 13 aulas espalladas polo rural, o colexio vén de colgar nas súas redes sociais e en varias plataformas, un vídeo promocional, co lema "Máis que un cole", no que se poden ver as instalacións, equipamentos e as actividades que se levan a cabo habitualmente (https://youtu.be/qgtom9n7e3g).

Creado hai dúas décadas, o CRA de Tomiño, é un dos máis grandes de Galicia, chegando a ter 17 escolas unitarias onde se impartía tanto educación infantil, coma primeiro ciclo de Primaria.
Na actualidade conta con dezaseis mestres de educación infantil, profesorado especialista de psicomotricidade, música, inglés, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. Dispón ademais dun departamento de orientación propio e con persoal coidador para atender aos nenos con necesidades especiais.

Para favorecer a autonomía dos pequenos, lévanse a cabo "traballos responsables", coma abrir a porta, preparar e servir as merendas, atender o teléfono, coidar ás plantas, etc.

O alumnado dispón de equipamento e materiais informáticos de última xeración, velocidade de conexión a internet de alta velocidade, e do programa Abalar Móbil para facer chegar os avisos ás familias.

A relación coa comunidade educativa, con outros centros, e coa contorna en xeral, é outro dos pilares do proxecto educativo, polo que é habitual que se programen visitas aos comercios, mercado, Centro de Dia, etc., participando tamén en actividades transfronteirizas con Vilanova da Cerveira (Portugal).

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones