Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CRÍTICO E CINEASTA PAULINO VIOTA PROTAGONIZA O SEMINARIO DE PLAY-DOC 2016

O festival colaborará tamén co encontro internacional Doc´s Kingdom, que propiciará o debate en torno aos filmes desta duodécima edición.

O festival colaborará tamén co encontro internacional Doc´s Kingdom, que propiciará o debate en torno aos filmes desta duodécima edición.

Fecha: 11 de Abril de 2016

Fuente: Play Doc Tui

O Festival Internacional de Documentais Play-Doc, que se celebrará do 13 ao 17 de abril en Tui, multiplica este ano o volume e a calidade das súas actividades formativas, paralelas ás proxeccións. A colaboración xa habitual co medio especializado www.acuartaparede.com repítese. Este ano, a fórmula do crítico-cineasta iniciada na edición pasada con Gabe Klinger, acolle o prestixioso autor español Paulino Viota. O santanderino presentará o seu filme Contactos (1970), un fito do cinema español dos anos setenta; e ofrece ademais un curso baixo o título 'O documental e a ficción'. Nel, falará da convivencia entre estes dous modos de contar xa dende o cinema clásico, ofrecendo varios exemplos e comparacións entre obras de grandes do cinema como F.W. Murnau, Robert J. Flaherty ou Howard Hawks.

Viota está considerado un dos grandes directores da Transición, polo seu modo tan persoal e moderno de plasmar a realidade española deses tempos. Dende 1988, dedicouse á ensinanza en Universidades - por exemplo, a de Valladolid ou a Pompeu Fabra - ou en escolas de cinema e outras institucións. Publicou Historia del cine militante en España (1980) e Jean-Luc cinéma Godard (2004). Tamén foi colaborador de revistas especializadas de referencia como Contracampo, Archivos de Filmoteca, Trama & Fondo ou Cahiers du Cinéma (España).

A inscrición a este curso costa 30 euros, e con ela pódese acceder a todas as sesións do festival. É un seminario aberto a todos os públicos, pero especialmente destinado aos críticos máis novos, nun afán de ofrecer formación nunha área na que, en Galicia, é case inexistente. O programa pormenorizado do curso xa pode consultarse na web de Play-Doc, así coma os detalles para inscribirse ata o 3 de abril.
 
Pontes tendidas con Portugal

Ademais, o festival suma a estas actividades a presenza de Doc's Kingdom, prestizioso seminario de documental internacional, que ten lugar cada setembro en Arcos de Valdevez, en Portugal. Este recoñecido encontro de cineastas, críticos, programadores e comisarios; intenta fomentar o debate en torno ás últimas tendencias do cinema de non ficción, centrándose cada ano nun tema concreto, con proxeccións e discusións en torno a esas películas. Co mesmo espírito, presentará en Play-Doc unha sesión, e debaterá as películas do festival cos asistentes a este seminario, de carácter informal.

A inscrición é gratuíta ata esgotar as prazas. Nos próximos días, daranse a coñecer os detalles para inscribirse na páxina web do festival.

Con esta actividade Play-Doc pretende seguir estreitando lazos co veciño Portugal, un país de grande cinema, no que se levan a cabo proxectos de similar espírito ao do certame tudense.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones