Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Cuarteto de Trompas CatroCores ofreceu un concerto no Auditorio Municipal do Rosal

O resultado foi un programa cun repertorio cheo de sorpresas.

Actuación de CatroCores no Auditorio Municipal do Rosal

Fecha: 19 de Junio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O pasado sábado día 17 de xuño tivo lugar un novo concerto de cámara  no Auditorio do Rosal a cargo do Cuarteto de Trompas "CatroCores".

CatroCores é un cuarteto formado por trompistas galegas que tras levar experimentado durante anos o que é tocar xuntas no seo da orquestra sinfónica, decidiron no ano 2016 extrapolar esa boa conexión sonora no terreo da música de cámara co fin de achegar a música para este tipo de agrupación a todo tipo de público.

O grupo está formado por Alma Sarasola Pontón, Aida Lozano Beceiro, Mónica García Bereijo e Ana Vergara Pérez (compañeira nosa na Agrupación Musical do Rosal).O seu obxectivo é dar a coñecer ao público distintos estilos musicais adaptados ou compostos para este conxunto instrumental tan pouco común ao tempo que experimentan e xogan co abanico de cores sonoras que un instrumento como a trompa lles ofrece.

O resultado foi un programa cun repertorio cheo de sorpresas. Sigue unha liña temporal en relación a época na que foron compostas as obras, máis é moi ecléctico. Vai dende a "elegancia barroca" de Telemann ata o clasicismo romántico de Dauprat para na segunda parte abarcar o final do século XVIII e comezos do XIX co compositor alemán Bernhard Weber cunha música máis rítmica e máis próxima á música do S.XX. Continuou o concerto xa no século XX con música con tintes nacionalistas, da man do compositor ruso Nikolai Tcherepnin e as súas melodías do mundo. Pechou o programa con música na liña do jazz, nunha escolla dos números máis distintivos das Fripperies de Lowell Shaw.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones