Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Deputación achega máis de 63.000 ? para que A Guarda renove pavimentos e puntos de luz

A axuda do Plan Concellos, permitirá financiar a renovación da pavimentación en Pintán e o subministro de dez puntos de luz nas rúas Bouza da Fonte e Vigo

A axuda do Plan Concellos, permitirá financiar a renovación da pavimentación en Pintán e o subministro de dez puntos de luz nas rúas Bouza da Fonte e Vigo

Fecha: 03 de Mayo de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por resolución presidencial dúas novas axudas para o concello da Guarda por valor de 63.238,55 €. En concreto mediante estas achegas, enmarcadas na liña 1 do Plan Concellos da institución provincial, a vila poderá mellorar a pavimentación da rúa de Pintán, por valor de 48.292,15 €, e instalar dez luminarias led nas rúas Bouza da Fonte e Vigo, cun investimento de 15.946,40 €.

Máis polo miúdo, o concello da Guarda poderá renovar o pavimentado no camiño rural da Rúa Pintán, sita no núcleo rural do mesmo nome na parroquia de Salcido. Trátase dun camiño de 490 metros que na actualidade presenta un firme de aglomerado que vai ser renovado na súa totalidade, tanto no que respecta á súa capa de rodada como na rectificación da cota dos rexistros dos diferentes servizos existentes na zona. O prazo previsto da actuación, na que se investirán máis de 48.000 euros, prevese de aproximadamente cinco días.

Por outra banda, a Deputación tamén aprobou destinar preto de 16.000 € para instalar ata 10 puntos de luz nas rúas Bouza da Fonte e Vigo. No caso da rúa Vigo, prevense substituír e renovar o alumeado no tramo que coincide co Conservatorio de Música, instalando ata catro puntos de luz led, máis eficientes e sostibles. No que respecta á rúa Bouza da Fonte, serán en total 6 os puntos de luz que se renovarán e substituirán tamén por leds.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones