Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O DOG publica a resolución de axudas para a promoción da igualdade que beneficiarán aos 5 concellos e a 1 CIM do Baixo Miño

Estas axudas teñen como obxectivo a realización de programas de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar, así como a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, a sensibilización, a difusión e a información sobre a igu

103 entidades e concellos da provincia de Pontevedra beneficiaranse destas subvencións que se elevan ata os case 1,5 millóns de euros

Fecha: 13 de Julio de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da orde de axudas destinadas ás entidades locais galegas para a promoción da igualdade. Tres dos programas destas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e inclúen o apoio a catro programas dirixidos ao fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; e ao funcionamento dos Centros de Información ás Mulleres (CIM).

A cuarta liña destinada a accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres enmarcase no desenvolvemento en Galicia das medidas ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

As axudas para a posta en marcha de promoción da igualdade e prevención de violencia de xénero chegarán aos concellos da Guarda, Tomiño e Tui co obxectivo de que leven a cabo accións orientadas a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes, así como actuacións para loitar contra a explotación sexual. En total,destinaranse a estes concellos con este fin, 23.106 euros.

Tamén o Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda recibirá 45.000 euros de apoio para atender a mulleres en situación de especial vulnerabilidade levada a cabo polas persoas profesionais destes centros. De feito, estas axudas financian a contratación para cubrir postos de traballo nos CIM de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Por último, para desenvolver as accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres postas en marcha no marco do Pacto de Estado de Violencia de Xénero, contará coa axuda desta orde os concellos da Guarda, o de Oia, e o do Rosal, con un total de 18.254 euros.

Na provincia de Pontevedra, en total beneficiaranse destas catro ordes de axudas 50 entidades e 53 concellos, cun importe total de subvencións de 1.483.182 euros.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones