Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O DOMINGO 27 DE ABRIL CELEBRARASE EN TUI A FESTA POPULAR DO MEIXÓN

Será no Parador de Turismo e haberá tamén carne ao caldeiro e polbo

Fecha: 26 de Abril de 2014

Fuente: www.concellotui.org

A Festa Popular do Meixón volverá a celebrar en Tui co gallo das Festas de San Telmo. A recuperación deste festexo gastronómico chega da man da iniciativa privada, o Parador de Turismo San Telmo, coa colaboración do Concello de Tui.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, asistiu esta mañá á presentación desta festa que correu a cargo do director do Parador, Francisco Plaza e do xefe de cociña deste establecemento, Miguel Rodríguez.

A cita será o domingo, 27 de abril, Domingo de San Telmo, entre ás 11.30h e ás 15h no Parador de Turismo San Temo de Tui. A ración de 100 gramos meixón terá un prezo de 32€, que en venda anticipada no propio Parador e nos cafeterías El Pilar e Boby, se reduce ata os 29€. O meixón será subministrado pola empresa Delicias do Miño. O público tamén poderánse degustar racións de carne ao caldeiro por 10€ e asemade tamén haberá polbo.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explicaba esta mañá que a recuperación da Festa do Meixón era unha aspiración lóxica nunha cidade coma Tui moi vinculada con este produto de río. Salientou feito de que sexa a iniciativa privada, neste caso o Parador do que dixo é unha peza fundamental no turismo da cidade, quen se envorque nesta festa. O rexedor desexou que esta sexa a semente do renacemento deste festexo cunha nova organización e nova dirección acorde cos tempos actuais. Augurou amais Moisés Rodríguez, moito éxito á cita gastronómica do próximo 27 de abril xa que dicía "temos bo produto, bo sitio, e está preparado por profesionais".

O director do Parador de Turismo San Telmo, Francisco Plaza, explicou coma a iniciativa xurdiu do propio persoal deste establecemento que están sempre tendo novas ideas para contribuír á dinamización e mantemento do Parador. Engadiu coma esta festa está moi arraigada na zona desexando que sexa un éxito.

Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador, comezou sinalando que o meixón é "o produto estrela da gastronomía galega" apostando por "pór en valor os produtos do Miño". Apuntaba que esta festa popular "é un primeiro paso" que se pode completar no futuro cun festa exaltación dos distintos produtos do Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones