Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ENTROIDO CONVERTE A ALAMEDA DA GUARDA NUN GRAN ESCENARIO CON ACTUACIÓNS PARA TODOS OS PÚBLICOS

O Sábado de entroido e o Domingo das familias disfrazarse ten premio.

O Sábado de entroido e o Domingo das familias disfrazarse ten premio.

Fecha: 06 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda propón, para os veciños e veciñas da localidade e tamén para os visitantes, un programa de Entroido moi dinámico e moi variado para que sexa atractivo para toda clases de públicos.

A música é unha parte moi importante deste cartel e a maior cantidade de actuacións, pero non as únicas, aparecen na programación do "Sábado de entroido" e do "Domingo das familias".

Así, o sábado día 6 de febreiro, ademais de haber actividades para os nenos coma a sesión de "Contos Contados" o obradoiro de máscaras ou a proxección do filme "Rio2", pola tarde, a partir das 19 horas terá lugar unha foliada na Alameda.

A actuación correrá a cargo de "Os Monifates", un dúo de música tradicional nun formato moi orixinal, xa que, os músicos están acompañados polas súas marionetas que bailan ó son da variada instrumentación que empregan. Esta actuación está pensada para un público de todas as idades.
Ademais A Guarda celebrará a Tarde de Homes e Mulleres, todos aqueles que se transformen levarán un pequeno agasallo.

A partir das 23,30 darán comezo, tamén na Alameda, os concertos. Nesta ocasión se contará co directo dos guardeses "The Winning Numbers" e os veciños de Baiona, "San Rockers". A música animará a praza ata ben entrada a madrugada.

O domingo, o "Día das Familias", será unha xornada para que avós, pais, fillos e netos, celebren o entroido xuntos nunha festa de disfraces. Durante a tarde todas aquelas familias que se acheguen á Alameda disfrazados para gozar coa música da orquestra "Sonora" levarán un pequeno agasallo.

A música e as diferentes actividades continuarán ao longo dos días.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones