Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ENTROIDO DA GUARDA PRESENTA UNHA PROGRAMACIÓN CON MÚSICA, AGASALLOS, GASTRONOMÍA E MOITA DIVERSIÓN

O Concello da Guarda espera que todos os veciños e veciñas da localidade participen nesta celebración e axuden a que o Entroido 2016 sexa un verdadeiro éxito.

O Concello da Guarda espera que todos os veciños e veciñas da localidade participen nesta celebración e axuden a que o Entroido 2016 sexa un verdadeiro éxito.

Fecha: 08 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda está a preparar un Entroido cheo de actividades e iniciativas para que todos os veciños e veciñas da vila, sen excepción de idade, gocen dunhas datas festivas con moita diversión.

Dende a Concellería de Cultura quérese promover e manter as tradicións guardesas ademais de iniciar algunhas ideas novas que favorezan á localidade. Así a programación deste entroido está pensada para que nel poidan participar todos os guardeses e guardesas e os visitantes que decidan pasar estas datas na vila.

O Entroido comeza xa o venres, día 5. A partir das 12 horas os nenos e nenas dos diferentes centros escolares da vila lucirán os seus disfraces polas rúas da Guarda. O percorrido comeza na Alameda, pasando pola Rúa Galicia ata chegar ao Galo.

O sábado as actividades xa comezan pola mañá. Ás 11 horas na Biblioteca Municipal haberá unha nova sesión de Contos Contados que se complementará cun Obradoiro de Máscaras.
Ás 17,30 horas, no Centro Cultural, se proxectará o filme "Rio2". Todos aqueles que acudan disfrazados a ver esta película levarán un pequeno agasallo.
A partir das 19 horas, na Alameda terá lugar unha foliada de Entroido coa actuación de "Os Monifates". Ademais será a "Tarde de Homes e Mulleres", todas as persoas que se animen a transformarse terán unha recompensa. .
Xa pola noite, a partir das 23,30 horas, os encargados de pór a música en directo neste Sábado de Entroido será o grupo guardés "The Winning Numbers" e os veciños de Baiona, "San Rockers".

O domingo na Alameda se celebra o "Día das Familias" coa actuación da orquestra SONORA. As familias que se animen a disfrazarse levarán un pequeno agasallo.

As actividades continúa o luns co "Día dos Nenos" na Alameda cunha gran festa infantil coa que se conta con dj´s, diferentes xogos e moitas sorpresas.

A programación pecha o martes co Gran Desfile-Concurso de Entroido. As comparsas, grupos e disfraces individuais vestirán as rúas da Guarda para o goce de todos os veciños e veciñas da vila. A saída será ás 17,30 horas dende a esquina Famosa para chegar á Alameda.
Alí se darán os premios aos mellores disfraces e se bailará ao son da orquestra YUKATAN.

Ademais, dende o sábado 4 ata o martes, 9 de febreiro nos restaurantes Arruaz, Brisamar, La Pizzicata, Marusía, O Cangrexal, Porto Guardés, The Celtic Harp, Xantar e Xeito, haberá un menú especial de entroido, tanto para xantar como de cea.

Este menú, que terá un prezo de 15 euros, terá de primeiro prato caldo e de segundo lacón con grelos. De sobremesa haberá ou filloas ou orella de entroido.

O Concello da Guarda espera que todos os veciños e veciñas da localidade participen nesta celebración e axuden a que o Entroido 2016 sexa un verdadeiro éxito.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones