Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ENTROIDO DE TUI CELEBRA O SEU VINTE E CINCO ANIVERSARIO

Quince comparsas participarán no desfile-concurso o martes 21 ás 17.30h

Fecha: 18 de Febrero de 2012

Fuente: www.concellotui.org

 

A celebración do Entroido en Tui cumpre este ano o seu vinte e cinco aniversario, nunha edición onde a sátira, o humor e a algarabía volverán ser protagonistas. O Desfile-Concurso será o próximo martes, 21 de febreiro, festivo local en Tui, a partir das 17.30h polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e  A Guarda, quedando prohibida a parada dos participantes diante do palco. No mesmo van participar un total de 15 comparsas, o número máximo establecido nas bases, con 800 persoas desfilando en total.

 

Das quince comparsas participantes nove son de Tui, en concreto O Mosteiro de Pexegueiro, Cantos Somos, a ANPA do CRA Mestra Clara Torres, Laxes de Paramos, Santa Columba de Ribadelouro, San Fins de Rebordáns, Scouts Alhoia, a Cultural de Malvas, e a da Insua de Caldelas. As 6 comparsas restantes son Luces e Amorín de Tomiño, Borralliño-Soutelo e Picoña de Salceda,  e Macanudos e La Merced de Gondomar. Os temas que ilustrarán nas comparsas son do máis variado dende as festas populares, a duendes e fadas, a familia real, Marte, os picapedra, fútbol amenicano, contos infantís, ou unha tribo.

 

Neste Entroido repartiranse 5 mil euros en premios aos que hai que engadir 500 € dos trofeos, e 5.750 € en concepto de compensación por participar. Haberá un premio xeral no que se valorará a orixinalidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. Nesta categoría haberá un total de sete premios que oscilan entre os 700€ do primeiro e os 100€ do sétimo. En carrozas establécense outros sete premios dotados con contías que van dos 400€ aos 50€. Amais haberá tres premios para acompañamento musical, de 250€, 150€ e 50€, para a música interpretada en directo, e por último hai un único premio para fantasía valorado en 300€.

 

As comparsas recibirán unha compensación económica por participar que oscilará entre os 500€ e os 150 en función de se son de Tui ou non e de se levan carroza.

 

Todas as comparsas e grupos deberán asistir ao Enterro do Bacallau que terá lugar o domingo, 26 de febreiro,  ás 19.30h dende a Praza de San Fernando.

 

O orzamento deste Entroido de 2012 ascende a 18 mil euros, un 15% menos que o ano pasado.

 

Restricións no tráfico

Debido á celebración do Desfile a Policía Local informa que o martes 21 entre ás dúas da tarde e ás dez da noite non se poderá estacionar e estarán pechadas ao tráfico as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones