Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O estudantado da Guarda visita á Confraría de Pescadores e á Asociación de Redeiras do Baixo Miño -Atalaia-

A actividade enmárcase no proxecto RELEVO 2, unha iniciativa de carácter formativo promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro

A actividade enmárcase no proxecto RELEVO 2, unha iniciativa de carácter formativo promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Febrero de 2022

Fuente: Galp Ría de Vigo-A Guarda

Despois do comezo, neste 2022, das actuacións de formación nos centros de ensino, o programa RELEVO 2 xa ten en marcha sesións de aula nas que interveñen representantes de entidades de cada un dos sectores que se abordan no programa de contidos (Pesca e Acuicultura, Transformación e Comercialización e Turismo e Deportes Náuticos).

O obxectivo é dar a coñecer esas empresas e achegar ao alumnado o mundo laboral en relación ao sector do mar; titulacións académicas, centros onde cursalas e posibles saídas profesionais. A iniciativa tamén contempla a realización de visitas nas que sexa o alumnado quen vaia coñecer de primeira man as instalación dalgunha desas entidades colaboradoras.

No marco deste programa de visitas, esta mañá o alumnado de 4º da ESO do CPR San José – Hermanas Carmelitas de A Guarda visitou ás instalacións da lonxa da súa localidade para coñecer o seu funcionamento e o primeiro punto de venta dos produtos do mar que se comercializan a nivel local. A rapazada puido coñecer como é o día a día dos e das profesionais do mar da man da Confraría de Pescadores Santa Trega da Guarda e da asociación de redeiras do Baixo Miño ‘Atalaia’. Contaron tamén coa visita dos gardacostas.

O alumnado estivo acompañado pola equipa docente do centro, persoal da asistencia técnica de RELEVO 2 e a xerente do GALP Ría de Vigo – A Guarda, Elena Herbello.

No territorio do GALP Ría de Vigo – A Guarda participan un total de 13 centros de ensino de secundaria e de aquí a final de curso están previstas máis saídas do alumnado a outras instalación e tamén sesións de aula con profesionais do sector.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí