O Centro Coordinador de Salvamento Aéreo de Madrid (ARCC Madrid) do Exército do Aire, realizou en Tomiño o este xoves día 11 de novembro un exercicio de procura e salvamento aéreo chamado "MADRISAR-21" que constou, tanto dunha fase terrestre, como marítima.
A zona elixida para o exercicio terrestre foi nas proximidades das poboacións de Pinzás e de Vilachán do Monte, e aínda que o horario definido inicialmente foi de 9.00 a 14.30 ou 15.00h, prolongouse algo máis debido ás néboas.
No exercicio en fase terrestre, simulouse un accidente aéreo preto da fronteira con Portugal e buscaronse os restos do avión e sobreviventes por varios puntos espallados, para logo rescatalos con helicópteros. Contouse coa participación de varios avións e helicópteros.
Este exercicio levouse a cabo de forma coordinada coa Delegación do Goberno, Protección Civil, Axega 112, Garda Civil, Cruz Vermella, etc.


