Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Ferry-Boat retoma hoxe o seu funcionamento

Dende Portos de Galicia comunican que non se permitirá o uso da plataforma para o tránsito de ningún tipo de vehículo. Só se autoriza o tránsito de pasaxeiros e bicicletas

Dende Portos de Galicia comunican que non se permitirá o uso da plataforma para o tránsito de ningún tipo de vehículo. Só se autoriza o tránsito de pasaxeiros e bicicletas

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Agosto de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Ferry-Boat que comunica A Guarda con Caminha(Portugal) retoma na tarde deste venres día 13 de agosto o seu funcionamento despois de que no pasado día 23 de xuño o patrón do ferri Santa Rita de Cassia detectase un escoramento anormal na plataforma de atraque do transbordador, feito que se puxo, de forma inmediata, en coñecemento dos responsables de Portos de Galicia, na actualidade propietarios e xestores da estrutura e que motivou ao peche desta infraestrutura e á interrupción do servizo.

Despois do peche e da realización de reparacións de urxencia co obxectivo de recobrar a estabilidade da plataforma, dende Portos de Galicia comunicaron ao Concello da Guarda que xa se pode empregar esta infraestrutura pero que non se permitirá o uso da plataforma para o tránsito de ningún tipo de vehículo. Só se autoriza o tránsito de pasaxeiros e bicicletas.

O concello insta a Portos de Galicia a que faga as reparacións necesarias na plataforma para que, a maior brevidade posible, poidan embarcar de novo vehículos dado que o transporte de vehículos é a principal demanda a hora de cruzar o esteiro do Miño en ferri.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí