Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Festival Costa dos Castros chega esta fin de semana a súa 2ª edición en Oia

Terá lugar no municipio de Oia do 7 ó 9 de xullo de 2017

Terá lugar no municipio de Oia do 7 ó 9 de xullo de 2017

Fecha: 08 de Julio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Data: 7, 8 & 9 Xullo 2017.
Lugar: Eirado do Mosteiro, Concello de Oia. Pontevedra.

Festival temático de Música e Patrimonio histórico, Costa dos Castros.
 
O Festival Costa dos Castros nace da unión dos intereses de Costa dos Castros - proxecto de xestión do patrimonio, desenvolvemento turístico e rural no Concello de Oia - e a Asociación Minho Reggae; colectivo que conta con máis de seis anos de experiencia en produción e xestión de festivais e eventos musicais e deportivos, tanto en Galiza como Portugal, que apoia e fomenta a música, a arte e un estilo de vida consciente e respectuoso co entorno a través das diversas actividades culturais que desenvolve ao longo do ano.

Os intereses de ambas iniciativas conflúen na produción dun festival de música, exaltación do Patrimonio local e promoción dos atractivos do Concello.

Cun concepto e estilo musical concreto, o público achégase dende diferentes puntos da xeografía peninsular, motivados por una oferta cultural e de ocio alternativa, capaz de amosar e inculcar uns valores e principios que teñen os seus alicerces na cooperación, respecto á diversidade, patrimonio histórico, ecoloxismo e sustentabilidade.

O eixo principal deste proxecto é , como o seu nome indica, a Cultura Castrexa, que tenta ser un nexo do patrimonio a cultura é a música e símbolo de unión entre diferentes pobos e diferentes culturas, amosando ao resto do mundo que unha das características dos galegos é o respecto e a unión sociocultural.

O festival Costa dos Castros é, en definitiva, un evento sociocultural centrado na música e nas representacións artísticas que mestura a distintos colectivos e asociación culturais de Galicia, entre outros, co fin de difundir o folclore e a súa filosofía.

Concertos ao vivo, espectáculos artísticos, obradoiros, andainas, charlas, cantos de taberna, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público.

Direccion:
O festival Costa dos Castros é un evento xestionado pola Asociación Minho Reggae e o Proxecto Costa dos Castros, en colaboración co Concello de Oia, Acamo, Asociacions culturais da Vila, e pretende involucrar as diferentes administracions; Agadic, Patrimonio Historico, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galiza ...

Obxectivos:
Os obxectivos son múltiples, tratándose dun Festival tan poliédrico no que se queren facer actividades moi diversas, para todas as idades e deslocalizadas, é dicir, con actividades cando menos nas catro parroquias da Costa dos Castros.
•Dinamización do galego.
•Crear e consolidar un Festival de música folk no contexto do Sur da provincia de Pontevedra.
•Valorizar a tradición oral como forma de transmisión dun coñecemento que esmorece e que debe ser recollido.
•Dinamizar o territorio dando a coñecer o seu potencial turístico mediante visitas guiadas.
•Dignificar as parroquias facéndoas partícipes do Festival.
•Fomentar actividades para toda a familia.
•Involucrar á comunidade local, fundamentalmente aos hostaleiros na creación de eventos culturais.
•Promover a música e o patrimonio e as artes así como a filosofía de respecto na que se fundamenta.
•Promocionar o Concello de Oia e o seu entorno.
•Ampliar a oferta cultural e aportar un novo reclamo turístico para Oia e toda a zona do Baixo Miño
•Apoiar aos colectivos locais dedicados á representación artística a darse a coñecer.
•Fomentar a interrelación entre profesionais galegos de distintos ámbitos artísticos.
•Proporcionar ás bandas un espazo para que amosen o seu traballo.
•Ofrecer á poboación unha alternativa de ocio innovadora.
•Introducir á cidadanía no coñecemento de novas culturas a través de obradoiros feitos por artesáns e músicos galegos.
•Fomentar o ecoloxismo e o respecto á natureza a través de charlas e obradoiros
•Fomentar e Potenciar o Patrimonio Historico da Zona.

Programa:
Nestes últimos oito anos moitas foron as propostas musicais e culturais que ofreceu Minho Reggae para todos os asistentes, a os seus eventos. Dende actividades deportivas, obradoiros, e espectáculos de rúa, até concertos en directo e sound systems.
Dita programación está pensada para todos os públicos e sen límite de idade tanto polos horarios, posto que as actividades comezan dende media mañá até ben entrada a madrugada.

Concertos:

A música en directo é o eixo principal do festival Costa dos Castros, a asociación minho reggae, nestes últimos catro anos adoptou un equilibrio entre artistas xa consagrados e bandas noveis tanto internacionais coma nacionais, especialmente galegas. Precisamente un dos obxectivos da asociación Minho Reggae e ofrecerlle ás novas bandas que están xurdindo en Galicia a posibilidade de darse a coñecer e amosar o seu traballo.
Música consciente e cunha mensaxe de respecto e humildade, apta para todos os públicos e que tenta acercar á cidadanía novas expresións artísticas e culturais.

•Programación paralela:
Todas as actividades e obradoiros que organiza o Festival Costa dos Castros, están pensadas para que poida participar todo tipo de público, dende os máis cativos até os máis veteranos e poidan gozar en harmonía coa natureza dunhas datas festivas e de diversión ó mesmo tempo que toman conciencia da riqueza natural e cultural de Oia e do proxecto Costa dos Castros.
Na programación paralela inclúense actividades artísticas, culturais e deportivas

Actividades a realizar

Actividades:
Infantís: Asemade organizaranse unha serie de actuacións pensadas para os máis pequenos. Estas estarán clasificadas por idades, puidéndose limitar os aforos ou recomendando a reserva de praza.
 
Actividades de música tradicional
Serie de concertos nocturnos: O ideal sería encadenar unha serie de tres ou catro grupos arroupados por un cabeza de cartel. Os grupos han de cumplir a premisa de ser axeitados para un espectáculo nocturno e movido. Montaranse barras para o consumodos asistentes.
Sesións vermú: En función das actividades paralelas tamén se fomentarán as sesións vermú coas agrupacións máis locales da zona (Fiada de Viladesuso, Tralo Mosteiro, etc...)
Obradoiros: Tamén se realizarán obradoiros de música tradicional. Estes poderán incluír sesións de baile tradiconal, introdución á gaita ou mesmo algunha máis teórica sobre música tradicional.

Actividades paralelas
Visitas guiadas: Ofreceranse dentro da programación do festival unha serie de visitas guiadas aos elementos máis destacados do Patrimonio de Costa dos Castros. Estas visitas centraranse nos castros da zona, os petróglifos e o Mosteiro de Oia, que contarán tamen con diferentes actuacións. Para evitar masificacións para estas visitas, posiblemente haberá que reservar praza.
Obradoiros infantís: Tamén se realizarán obradoiros pensados para os máis pequenos relacionados co Patrimonio.
 
Venres 7 de Xullo
21:00 Festival Folclórico:
-Grupo de Folk "MALVELA".
-Grupo de gaitas Tra-lo Mosteiro.
-Grupo de gaitas A Fiada.
-Pandereteiras Virxe do Alivio.
-+ Xeran
00:00 Queimada.
21:30 Visitas nocturnas a petróglifos. En paralelo e previa reserva de praza, aos petros da Cabeciña,
A Pedreira, etc...

Sábado 8 de Xullo
11:30 Apertuda feira de artesanía.
12:00-13:00 Visita guiada ao enclave arqueolóxico da Pedreira.
14:00 Sesión Vermú co CUARTETO TRADICIONAL.
16:30 Visita guiada á igrexa e ó barrio do Arrabal
17:00-19:00 ¡¡¡GYMKANA Pirata e búsqueda do tesouro do Pirata Alparagata!!!
ANIMACION A CARGO DOS PIRATAS DA COMPAÑIA ASACOCIRCO
A PARTIR DE 6 ANOS... (INSCRIPCIÓN NO TFNO. 986 362125-639329493)
20:00 Festival Folclórico Concertos Escenario Principal.
-TANXUGUEIRAS
-NA RUA
-PELEPAU
01:00 Xeran

Domingo 9 de Xullo
11:30 Feria de Artesanía.
12:00 Visita guiada ó Arrabal.
-Atuación, Sesión Vermú no Eirado do Mosteiro do grupo Nova Cubana.
16:30 Visita guiada á Igrexa.
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones