Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Festival do Rei Sol ofrece tres días de actividades vinculadas co patrimonio en Oia

O evento cultural celébrase de venres a domingo

Visitas guiadas, obradoiros infantís, relatorios, teatro, narración oral e unha exposición de fotografía compoñen a programación deste ano

Fecha: 14 de Septiembre de 2018

Fuente: Costa dos Castros

O Festival do Rei Sol volve por terceiro ano consecutivo á Costa dos Castros de Oia co obxectivo de revalorizar o patrimonio cultural deste territorio, especialmente o seu rico legado inmaterial. A cita cultural se celebrará entre o 14 e o 16 de setembro e incluirá unha decena de actividades gratuítas pensadas para o desfrute de todos os públicos.

Visitas guiadas, obradoiros infantís, relatorios, espectáculos das artes escénicas e unha exposición de fotografía compoñen a programación deste ano, que achegará as súas propostas a diversos puntos do municipio.

Así, a programación do Festival do Rei Sol 2018 abrirase o venres 14 de setembro cunha dobre actividade dedicada ao oficio tradicional da telleira. Ese día desenvolverase un obradoiro infantil de traballos manuais para confeccionar as tellas do Rei Sol e, a continuación, terá lugar unha charla sobre a telleira en Oia a cargo de Pepe "Buraco". A xornada inaugural rematará cunha función de teatro.

Exposición fotográfica

A oferta cultural do festival do Rei Sol inclúe tamén unha exposición de fotografías sobre telleiros, como actividade complementaria ao obradoiro infantil e o relatorio sobre a telleira en Oia. A mostra de fotografías antigas pode visitarse xa na Oficina de Turismo de Oia, onde permanecerá exposta durante varias semanas.

 

Actos no Cano dos Mouros

Os actos principais do festival desenvolveranse ao longo da tarde do sábado día 15 no castro do Cano dos Mouros (Viladesuso), onde haberá unha visita guiada e o grupo veciñal O Mellor de Cada Casa representará unha obra de teatro ambientada no mundo galaico.

A continuación se desenvolverá o espectáculo de narración oral titulado O eco das pedras, a cargo da artista Raquel Queizás, e unha contemplación do solpor amenizada polo grupo de música tradicional A Fiada de Viladesuso porá o broche final á xornada festiva.

Visitas especiais ao barrio do Arrabal

Ademais, o sábado e domingo pola mañá haberá visitas guiadas especiais ao  Arrabal (entorno do Mosteiro de Oia). A través destes itinerarios, que estarán guiados por unha personaxe do século XVIII, descubriremos este barrio histórico a través das súas historias e lendas. As visitas comezarán ás 12.30h. e o punto de encontro será a Oficina de Turismo de Oia.

Patrimonio inmaterial

O Festival do Rei Sol leva o nome do protagonista dunha lenda local asociada ao castro do Cano dos Mouros. Aproveitando esta circunstancia, con esta cita cultural preténdese revalorizar o patrimonio local -especialmente o inmaterial--, concienciar sobre a necesidade de preservalo para as futuras xeracións e festexar a convivencia entre veciñanza e persoas que visitan o municipio.

A actividade, organizada pola Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia, desenvólvese coa colaboración da Deputación de Pontevedra (Ano da Lingua e Pontegal), e de diversos colectivos locais, como son a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común e a Asociación de Veciños de Viladesuso.

 

PROGRAMA COMPLETO:

 

VENRES 14 DE SETEMBRO

 

ACTOS NA CASA CULTURAL DE PEDORNES:

-17.00h. Obradoiro infantil "Pequenos Cabaqueiros. As tellas do Rei Sol" (traballos manuais con pasta de modelar)

  Recomendado para peques entre os 5 e os 10 anos. Prazas limitadas.

  Información e inscricións no teléfono. 689 35 57 13

-19.00h. Charla de Pepe "Buraco" sobre a telleira en Oia

 

ACTOS NA CASA CULTURAL DE MOUGÁS:

-20.30h. Teatro. Fulano, Mengano e Citano: O que hai que ver (Cultura no Camiño)

 

 

SÁBADO 15 DE SETEMBRO

-12.30 h. Visita guiada especial: Historias e lendas do Arrabal

(Saída da Oficina de Turismo de Oia)

-Exposición de fotografías sobre a telleira na Oficina de Turismo de Oia

 

FESTA NO CANO DOS MOUROS (VILADESUSO)*

*(En caso de chuvia os actos trasladaranse á Cultural de Viladesuso)

-18.00h. Visita guiada polo castro de Cano dos Mouros

-18.30h. Teatro veciñal a cargo do grupo O Mellor de Cada Casa (Viladesuso)

-19.30h. Espectáculo familiar de narración oral "O eco das pedras", de Raquel Queizás

-Contemplación do solpor amenizada pola Fiada de Viladesuso

 

 

DOMINGO 16 DE SETEMBRO

-12.30 h. Visita guiada especial: Historias e lendas do Arrabal

(Saída da Oficina de Turismo de Oia)

-Exposición de fotografías sobre a telleira na Oficina de Turismo de Oia

 

 

Información: www.costadoscastros.com

 Evento en Facebook

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones