Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Festival do Rei Sol regresa esta fin de semana ao Cano dos Mouros(Oia)

Un ano máis a Asociación de Veciños de Viladesuso en colaboración coa Comunidade de Montes de Viladesuso organizan o Festival do Rei Sol no Castro de Cano dos Mouros e na súa contorna.

Un ano máis a Asociación de Veciños de Viladesuso en colaboración coa Comunidade de Montes de Viladesuso organizan o Festival do Rei Sol no Castro de Cano dos Mouros e na súa contorna.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Septiembre de 2022

Fuente: Redacción

Un ano máis a Asociación de Veciños de Viladesuso en colaboración coa Comunidade de Montes de Viladesuso organizan o Festival do Rei Sol no Castro de Cano dos Mouros e na súa contorna.
O Festival do Rei Sol é un evento cultural e divulgativo que nesta edición se desenrrolará en torno a dúas localizacións principais, pola mañá no entorno do Refuxio de Caza de Viladesuso, onde se conta cunha gran riqueza de patrimonio arqueolóxico e etnográfico e pola tarde no Castro do Cano dos Mouros.
A programación:

Sábado 3 de setembro:
• Pola mañá, de 10:30 a 13:30, unha andaina polo entorno do Refuxio de Cazadores na Serra da Groba, centrada na divulgación da toponimia dos diferentes lugares polos que se transita, coa intención de evitar o esquecemento da mesma e procurar a súa recuperación.
• Rematada a andaina, realizarase un descanso con refrixerio amenizado pola agrupación de gaitas A Fiada de Viladesuso.
• Paralelamente, e ata a primeira hora da tarde, de 10:30 a 15:30, realizaranse actividades orientadas ao fomento da tradición oral, musical e etnográfica, apoiándose no entorno natural que ofrece a Serra da Groba. Nelas participarán de maneira activa os máis cativos e tamén as familias. Esta proposta inclúe:
- Xogos populares.
- Xogos de distensión, cooperación...
- Contacontos tradicionais
- Ambientación musical tradicional (baile, xogos, cancions populares....)
- Enigmas.
- Descubrir o entorno a través de búsquedas do tesouro ou xogos de orientación.
Estas actividades serán deseñadas e dirixidas por profesionais con ampla experiencia na creación de contidos nos que se fomenta o respecto pola natureza, o patrimonio e a cultura.
Cunha forma de traballar na que fomenta a igualdade, a inclusión social e se asegura a accesibilidade de toda aquela persoa que queira participar, independentemente da súa condición.
• Xantar popular ás 14:00 no Refuxio de Cazadore onde se preparará unha churrascada.
• Pola tarde, desplazarémonos ata o Castro de Cano dos Mouros onde se comezará cunha visita guiada, de 17:00 a 18:00, ao propio castro e a Cadeira do Rei Sol.
• A continuación, de 18:00 a 19:00, “Xán das Ondas” fará as delicias de maiores e pequenos cun espectáculo para tódolos públicos.
• A media tarde, de 19:00 a 20:00 teatro ao aire libre, no propio entorno do castro. A agrupación de teatro “O mellor de cada casa” representará unha obra cómo ven facendo estes últimos anos. Este é un dos elementos emblemáticos deste festival, pois a agrupación está formada polos propios veciños.
• Para rematar o día, un concerto de música folk a cargo de Zurrumalla, que comezará ás 20:00, pouco antes do solpor, para que o sol se poña durante esta actuación e que os asistentes poidan desfrutar destes dous espectáculos ao mesmo tempo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí