Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Festival Música no Claustro regresa cun cartel de reencontros coa música e o patrimonio na Catedral de Tui

Músicas renacentistas, barrocas, contempora?neas, jazz e poesía, conforman un programa deseñado por Samuel Diz e apoiado pola Secretaría Xeral de Cultura

A figura de Diego de Avellaneda, bispo de Tui no século XVI, vertebra unha programación compartida co Museo Nacional de Escultura de Valladolid | Foto: Gore Vazquez

Fecha: 09 de Agosto de 2018

Fuente: Xunta de Galicia

Música no claustro regresa á catedral de Tui e faino coa edición de maior envergadura e internacionalidade do festival, deseñado e coordinado por Samuel Diz. Durante sete días, do sábado 4 ao venres 10 de agosto, a programación ofrecerá, co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, reencontros coa música, co patrimonio e coa creación, aos que se suma o concerto de presentacio?n realizado o pasado 14 de xuño no Museo Nacional de Escultura.

Esta edición con dobre sede, que foi presentada hoxe en rolda de prensa, pon a atención no nome propio de Diego de Avellaneda, bispo de Tui durante preto dunha década no século XVI e arredor do que se articula un programa narrativo de catro concertos de primeiro nivel con mu?sicas renacentistas, barrocas, contempora?neas e jazz, aos que se engaden un obradoiro e unha conferencia de imaxineri?a castela?, sete percorridos arquitecto?nicos nocturnos e a conversa inaugural o sábado 4 de agosto con Mari?a Bolan?os, directora do Museo Nacional de Escultura, seguido do concerto de Álterum Cor.

Música en diálogo co patrimonio
Así, segundo afirmou na presentación o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, "Música no claustro continúa a medrar e a innovar con cada edición, cun programa musical en diálogo co patrimonio que reforza a calidade da axenda cultural galega no verán". "O festival -engadiu-pon en valor a riqueza do patrimonio histórico da catedral de Tui, ao tempo que permite gozar dunha programación musical aberta a todos os públicos e que se converte nun importante reclamo para visitar un municipio que conta cun valioso legado cultural".

A programación de Música no claustro complétase con catro concertos de mu?sica de ca?mara, jazz, blúes e soul, que inclúen a presentacio?n do novo disco de Eva Ferna?ndez, o debut en Galicia da cantante africana Tina Masawi, a música de cámara do Kebyart Ensemble ou o renovado ciclo de novos inte?rpretes dedicado a estudantes galegos, co percusionista Carlos Puga, a violoncellista Julia Caro, a acordeonista Noelia González e o quinteto de metais EntreRías. Mentres, Yolanda Castan?o será a encargada de achegarlle ao festival a palabra poe?tica galega contempora?nea.

Concertos e percorridos nocturnos pola catedral
O sábado 4 de agosto, na primeira xornada do festival no seu espazo habitual da catedral de Tui, o público descubrirá a intrahistoria do sepulcro de Diego de Avellaneda e a súa chegada ao Museo Nacional de Escultura con María Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura. Unha conversa amena e pedagóxica seguida do concerto de polifonía sacra do Renacemento europeo As músicas na época de Diego de Avellaneda, do Álterum Cor, formación coral residente do propio museo.

O domingo 5 de agosto será a estrea do novo proxecto musical 13 cancións bonitas, do zanfonista Germán Díaz e o oboísta Benxamín Otero. Os catro concertos deste programa narrativo #DiegodeAvellaneda complétanse o martes 7 de agosto coa presentación do disco Pajarillos fugitivos, do cantante e laudista arxentino Jonatan Alvarado.

Froito do carácter interdisciplinar do festival, o artesán Miguel Ángel Tapia trasladará o seu obradoiro, desde Valladolid ao claustro gótico da Catedral de Tui, para impartir un curso de imaxinería castelá, que nace da colaboración entre a Fundación Pública Artesanía de Galicia e Cearcal e o Centro Regional de Artesanía de Castela e León. Ademais do obradoiro, que xa ten as prazas cubertas, o martes 7 de agosto ás 20:15 horas, Tapia impartirá unha conferencia de acceso libre.

A programación de Música no claustro complétase cos tradicionais percorridos nocturnos pola catedral despois de cada concerto, da man do historiador tudense Suso Vila, que achegarán o legado arquitectónico e obxectos persoais de Diego de Avellaneda. A capacidade é de 20 persoas por noite, con inscrición previa en contacto@musicanoclaustro.com

Como novidade nesta décimo terceira edición e no marco do compromiso social do festival, o programa #DiegodeAvellaneda complétase coa actividade Caricias en braille, en colaboración coa ONCE, que constitúe unha experiencia única de vivir a escultura da catedral de Tui a través do tacto, adaptada a persoas con discapacidade visual.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí