Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O FESTIVAL PLAY-DOC PRESENTA A MORPHINE NUN ÚNICO CONCERTO EN ESPAÑA

A mítica banda norteamericana ofrecerá un concerto en exclusiva o vindeiro 24 de marzo con motivo da celebración da oitava edición do Festival Internacional de Documentais de Tui

Fecha: 10 de Febrero de 2012

Fuente: www.play-doc.com

A mítica banda norteamericana ofrecerá un concerto en exclusiva o vindeiro 24 de marzo con motivo da celebración da oitava edición do Festival Internacional de Documentais de Tui
Unha vez máis, a música en directo complementará a proposta cinematográfica do festival galego. A combinación de película máis concerto é xa todo un clásico en Play-Doc e unha das actividades que máis expectativas xera dentro da súa programación. Desta volta, e acompañando a un documental que conta a súa historia, Morphine, unha das bandas máis revolucionarias dos 90, ofrecerá un concerto único en España.
Formada en 1989 en Massachussets por Mark Sandman e Dana Colley, Morphine irrompeu en plena era do grunge cunha proposta absolutamente orixinal: un baixo de dúas cordas tocado como unha slide guitar, un saxo barítono e unha batería. Esta insólita e sobria combinación instrumental concibiu un son único e sensual que elevou a Morphine ao status de banda de culto nos EUA e en Europa, deixando unha pegada imborralle na historia do rock. A mestura de blues, rock e jazz deu lugar a un novo estilo musical, acuñado por eles mesmos como 'low rock'.
Morphine acadou innumerables éxitos con cancións como ‘Cure for Pain’, ‘Early to bed’, ‘Buena’ ou a trepidante ‘Honey White’, colleitando continuas louvanzas por parte da crítica. En 1999 e pouco despois da gravación do seu cuarto álbum 'Like Swimming', o carismático líder, vocalista, baixista e compositor Mark Sandman morría traxicamente durante un concerto en Italia, deixando ao mundo da música terriblemente conmocionado.
Para o seu concerto en Play-Doc a formación virá acompañada de Jeremy Lyons para presentar o seu novo disco ‘Members of Morphine and Jeremy Lyons’, unha homenaxe ao legado de Morphine, no que reinterpretan os seus grandes temas, así como novas creacións con sons máis próximos á psicodelia-rock e ao blues do delta del Mississippi.

Morphine actuará o sábado 24 de marzo na Sala Metropol de Tui.
Máis información en www.play-doc.com
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones