Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O FESTIVAL TAÍÑA CHEGA Á SÚA DÉCIMA EDICIÓN CUNHA NOVA PROPOSTA MUSICAL A BASE DE RUMBA, REGGAE E ROC

A actividade é o preludio do Entroido de Goián e conta co apoio do Concello e asociacións

Fecha: 08 de Febrero de 2013

Fuente: www.concellotomino.com

9 de Febreiro de 2013 en Goián - Tomiño

 
 
A praza de Goián, en Tomiño, será o escenario na noite do vindeiro sábado, dos actos correspondentes á décima edición do Festival Taiña, organizado pola asociación xuvenil de mesmo nome, coa colaboración do Concello, a comisión do entroido de Goián e o albergue de peregrinos de Figueiró.

A cita será ás 22.30 horas e contará coa actuación dos grupos "Sozios á forza" (de Muros), "Dakidarría" (de Nigrán) e "Sherpah", un conxunto que chega desde a localidade catalá de Manresa.
Os organizadores aseguran que este ano o festival empezará moi puntual e convidan a todos os veciños e veciñas da zona e arredores, a compartir a alegría do entroido.

Actuacións
Despois do seu paso por Festivais Galegos como Reperkusión, Festichan, Pardiñas e Serra de Queixa entre outros, Sherpah volve a Galicia con CAMIÑO, ou seu terceiro traballo discográfico auto editado.
Once novos temas madurados desde a experiencia de seis anos de bagaxe profesional nos escenarios con mais de 240 concertos, e do crecemento musical do seu dez compoñentes, ademais de contar neste disco coas colaboracións de luxo de Amparo Sánchez (Amparanoia); Joan Garriga (A Troba Kung-fu); Paul De Swardt (ex vocalista de Macaco); David Rosell (Brams-Dept).

Sozios á forza é un grupo de Muros (A Coruña) tributo á Polla Records, comeza a súa andaina no ano 2010. Durante o 2011 percorren Galicia, tocando en festivais, festas, salas e bares.

A banda Dakidarría, de Nigrán, está formada por 8 músicos que fusionan ska, reggae, punk e rock. Aposta pola enerxía e a festa no escenario e non deixan indiferente, por iso resultan ideais para este festival.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones