Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Fondo de Cooperación Local da Xunta leva repartido no que vai de ano entre os concellos da comarca do Baixo Miño case 605.000 euros para inxectarlles liquidez

Os 5 concellos desta comarca recibiron esta semana o diñeiro do mes de marzo xunto coa liquidación correspondente a 2018, que supón un ingreso a maiores nesta época facer fronte as súas necesidades máis urxentes

O Goberno galego inxecta así un total de 6 millóns de euros neste primeiro trimestre para os concellos do ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra

Fecha: 18 de Abril de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou hoxe que a Xunta de Galicia  ven de ingresar aos concellos da comarca do Baixo MIño a partida do mes de marzo e a liquidación de 2018 do Fondo de Cooperación Local (FCL) para contribuír na dotación de liquidez ás facendas locais. Así, o Goberno galego no que vai de ano entregou case 605.000 euros a estes cinco concellos que poden destinar a loitar contra o coronavirus, xa que son fondos non finalistas que respectan a autonomía dos concellos.

José Manuel Cores Tourís, subliñou o esforzo que fixo o Executivo autonómico, na liña de apoio aos concellos, para ademais de facer efectivo o ingreso do mes de marzo, axilizar a liquidación correspondente a 2018 para que os gobernos locais poidan ter máis recursos económicos e así facer fronte á crise orixinada polo Covid-19. O delegado territorial engadiu que "neste momento, máis que nunca, é necesario a colaboración institucional e cooperar coas administracións municipais".

Nos 47 concellos da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra a liquidación de 2018 do FCL, un remanente a maiores do que se lle pagou mensualmente ese ano, ascende a máis de 1,37 millóns de euros, que coincide coa cantidade que corresponde ao mes de marzo de 2020. 

En total no que vai de ano, ao abeiro do Fondo de Cooperación Local, aos concellos da  Delegación da Xunta de Pontevedra  correspondéronlles algo máis de 6 millóns de euros. Estas achegas autonómicas repártense entre todos os concellos galegos seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias, entre eles o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade de núcleos de poboación.

José Manuel Cores Tourís apuntou que os investimentos non están condicionados xa que se tratan de fondos non finalistas e respectan a autonomía municipal polo que os alcaldes poden destinar estas partidas a aquilo que consideren máis necesario e urxente.

Neste sentido, o delegado territorial subliñou que o Goberno galego decidiu priorizar o pagamento destas axudas "nun momento no que os concellos necesitan máis liquidez para poder asumir todos os gastos extraordinarios que implica a atención e a seguridade dos seus veciños pola crise do coronavirus".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones