Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O futuro Arquivo da Imaxe de Tomiño suma 300 novas fotos achegadas pola veciñanza

As fotografías serán dixitalizadas e catalogadas, levándoas de volta nun prazo máximo de 72 horas

As fotografías serán dixitalizadas e catalogadas, levándoas de volta nun prazo máximo de 72 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Hai cousa de dous meses e medio que o Concello de Tomiño emprendeu a 2ª fase da creación do Arquivo da Imaxe Municipal, solicitando a colaboración de todas aquelas persoas da zona que tiveran fotos antigas nas súas casas.

 

Neste tempo houbo concretamente catro achegas realizadas por este sistema, nas que se recolleron máis de 300 instantáneas; incluída unha colección particular impresionante pola súa antigüidade e tamén pola súa magnitude (nada menos que 220 fotografías dunha primeira entrega, xa que haberá outra en breve).

 

Por outro lado, recolléronse unhas 90 imaxes do Centro Cultural de Estás; estase preparando material da parroquia de Tebra e está prevista a organización de xuntanzas veciñais por distintos  lugares da vila, co fin de explicar o proxecto dunha forma máis directa á cidadanía e sumar así máis fotografías.

 

Desde a Concellería de Cultura continúan convidando á veciñanza en xeral, a buscar fotos antigas de Tomiño nas súas casas ou que estean relacionadas co municipio. As persoas que queiran colaborar na construción deste importante proxecto para a memoria colectiva de Tomiño, só terán que chamar ao Concello para que dende este, se despracen os técnicos ou técnicas a recoller as imaxes polos domicilios. As fotografías serán dixitalizadas e catalogadas, levándoas de volta ao domicilio nun prazo máximo de 72 horas.

 

Este método de recollida foi elixido por ser considerado o máis seguro e fiable, tendo en conta o contexto da pandemia do Covid-19, co fin de evitar o contacto interpersoal o máximo posible.

 

De todos os xeitos, no caso de que algunha persoa ou familia contase cunha colección de grande importancia e antigüidade e tivesen reparos sobre a súa recollida, desde o Concello valoran a posibilidade de facer excepcións puntuais, realizando desprazamentos ás casas para realizar a dixitalización in situ.

 

Para porse en contacto só é preciso chamar por teléfono ao Concello en horario de 8 a 14 horas (986 62 20 01/03), solicitando a atención do Departamento de Cultura.

 

A concelleira encargada da área, Ana Isabel Fernández, destaca a importancia do proxecto. “A creación do arquivo ten unha importancia fundamental para a conservación e a divulgación da historia de Tomiño e loxicamente queremos contar coa colaboración da veciñanza. O proceso de dixitalización é 100% seguro e as familias terán de volta as súas fotografías nun máximo de tres días”, explica.

 

Espérase que o arquivo da imaxe sexa instalado na futura biblioteca de Tomiño, podendo ser consultado por todas as persoas interesadas, e divulgándoo ademais a través de exposicións temáticas periódicas.

 

A primeira fase da creación do fondo consistiu na recollida de máis de 3.000 fotografías procedentes de múltiples, fontes tales como hemerotecas de xornais, revistas e outras publicacións; arquivos fotográficos e fundacións, etc.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí