Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Goberno Guardés suma unha nova axuda para a reforma do pavillón municipal da Sangriña procedente dos fondos Next Generation EU

O Ministerio publicou a resolución provisional da convocatoria en concorrencia competitiva da liña 1 do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (Pirep local), incluído no Plan de Recuperación. Sendo o proxecto da G

O Ministerio publicou a resolución provisional da convocatoria en concorrencia competitiva da liña 1 do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (Pirep local), incluído no Plan de Recuperación. Sendo o proxecto da G

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Octubre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

  • O “Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (Mitma)” concedeu provisionalmente 307 millóns de euros dos fondos europeos de recuperación a 381 entidades locais de todas as provincias para a rehabilitación de edificios públicos.
  • O Ministerio publicou a resolución provisional da convocatoria en concorrencia competitiva da liña 1 do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (Pirep local), incluído no Plan de Recuperación. Sendo o proxecto da Guarda un dos subvencionados.
  • En total, financiaranse 405 proxectos dos 1065 presentados, elexidos en base a criterios de calidade arquitectónica, solidez, gobernanza, enfoque integral, innovación e oportunidade.
  • O 53% dos edificios públicos a rehabilitar destinanse a uso cultural, deportivo e educativo. O obxectivo das intervención a financiar é reducir máis do 30% o consumo de enerxía primaria non renovable.

 

Conscientes das deficiencias que tiña o pavillón da Sangriña, unha construción anticuada e ineficiente que non estaba adaptada ás necesidades das competicións que albergaba, o equipo de goberno municipal fixo unha aposta firme pola modernización e ampliación deste equipamento deportivo municipal.

O concello encargou a redacción dun proxecto, coa colaboración da Deputación de Pontevedra en 2017, para o que logrou financiamento no ano 2021. As achegas económicas viñeron a través do plan REACPON da Deputación, de fondos propios municipais e máis tarde da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Coa idea de conseguir máis fondos para financiamento da obra, no mes de abril, o concello presentou o proxecto á convocatoria en concorrencia competitiva da liña 1 do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (Pirep local), incluído no Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR).

Os aspectos que argumentou o goberno municipal para acceder a esta subvención teñen que ver coa calidade do proxecto e a súa eficiencia, destacando: un aforro de máis dun 35% en enerxía, grazas a mellora de illamentos, iluminación LED e instalacións renovables para a ACS. Facendo accesible a instalación, tanto nas gradas, como aseos e vestiarios. Mellorando a súa habitabilidade con un sistema de renovación de aire. Incrementando a seguridade en todo o equipamento e mellorando o aspecto do edificio. 

A contía da subvención concedida ascende a 385.754,11 €, que foi a cantidade solicitada para cubrir todos aqueles conceptos subvencionables do proxecto. Esta subvención ven a recoñecer a calidade da proposta dende o punto de vista da eficiencia enerxética, da accesibilidade e a habitabilidade, valorando tamén a conservación do edificio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí