Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O goberno municipal de Tomiño obrigado a pagar 172.000 Euros á empresa Urbaser según sentencia xudicial

O Partido Popular local considera que esta actuación por parte da rexidora supuxo un despropósito que trae como consecuencia que haxa que pagar agora a dita empresa unha cantidade elevada de cartos

O Partido Popular local considera que esta actuación por parte da rexidora supuxo un despropósito que trae como consecuencia que haxa que pagar agora a dita empresa unha cantidade elevada de cartos

Fecha: 07 de Mayo de 2020

Fuente: PP de Tomiño

-A sentencia xudicial do Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra considera axustada a dereito a reclamación da empresa Urbaser contra o Concello de Tomiño sobre actualización dos prezos dende o ano 2011 ata 2017 así como ó pago de intereses.

O Grupo municipal do Partido Popular e o seu portavoz Esteban González Miranda mostraron a súa disconformidade-a través do seu voto negativo- á modificación de Crédito que o Goberno municipal do BNG levou no último pleno, ao considerar que o pago de 172.000 euros á Empresa de Xestión de recollida de lixo é froito da pésima xestión política administrativa que se está a levar neste Concello e, en concreto, da alcaldesa Sandra González e que obriga a pagar nestes momentos tan difíciles 172.000 euros, dos cales, 48.000, corresponden ó pago de intereses; e varias mensualidades polo servicio de recollida.


O Partido Popular local considera que esta actuación por parte da rexidora supuxo un despropósito que trae como consecuencia que haxa que pagar agora a dita empresa unha cantidade elevada de cartos que podería evitarse si a Sra alcaldesa atendera aos continuos requerimentos que se fixeron por parte da empresa para a adaptación dos prezos según o I.P.C. e tal como consta no prego de contrato.


A señora alcaldesa, "sabedora de que os cartos non saen do seu peto particular tomou a lixeira ditos requerimentos actuando de maneira frívola e irresponsable polo que agora @s veciñ@s de Tomiño temos que pagar as consecuencias derivadas de dita actuación pagando os atrasos correspondentes pola actualización dos prezos máis os intereses correspondentes".


Esta é a razón pola que o grupo municipal do Partido Popular rexeita votar a favor desta modificación de crédito ao considerar que isto é a consecuencia da desidia e neglixencia que caracteriza o proceder desta Alcaldía. Afirma o portavoz Gonz. Miranda que, " é inaceptable que por un lado o goberno municipal do Bng presuma que paga as súas facturas en vinte días e por outro lado 235.000 euros desta modificación de crédito sexan para pagar facturas do 2019, afirmando que se trata dunha maniobra completamente electoral con motivo das eleccións municipais do pasado ano, e que as facturas que non consideraron prioritarias as gardaron no caixón"


O propio Servizo de Intervención do Concello emitiu un informe desfavorable á modificación de crédito por importe de 555.000 euros.


O portavoz popular, Esteban González, tamén mostrou o seu desacordo por incluir na mesma modificación de crédito partidas menores que este grupo municipal apoiaría, como a partida de 83.000 euros destinada a complementar a subvención do IDAE; os 5.300 euros do convenio Conecta Europa "Wifi para Europa" ou os 30.000 euros para un posible plan de reactivación económica post-covid, que podían ser tratadas en distintas modificacións de creditos como o pago a distintas empresas e autónomos. Maniobra que utilizou o goberno local para afirmar que a oposición non apoiamos estes pagos a distintas empresas locales; algo completamente falso, afirmou Esteban Gonz.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones