Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O grupo de persoas maiores do programa europeo -In Common Sports- mantén os adestramentos a través de internet

Baixo a orientación dun monitor, o equipo de Cerveira-Tomiño está a usar o WhatsApp para garantir a continuidade dos exercicios durante este período de illamento social

Baixo a orientación dun monitor, o equipo de Cerveira-Tomiño está a usar o WhatsApp para garantir a continuidade dos exercicios durante este período de illamento social

Fecha: 06 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O grupo de persoas maiores do programa europeo -In Common Sports- mantén os adestramentos a través de internet

Baixo a orientación dun monitor, o equipo de Cerveira-Tomiño está a usar o WhatsApp para garantir a continuidade dos exercicios durante este período de illamento social


Tomiño, 6 de abril de 2020.- Debido á pandemia mundial do COVID-19, os adestramentos presenciais para persoas maiores no ámbito do proxecto europeo In Common Sports foron suspensos en todos os países. Mentres, e para manter a boa forma e unha rotina diaria/semanal, algúns socios e socias están a proporcionar sesións de exercicio físico online, monitorizadas polos adestradores, e que inclúen clases de ximnasia aeróbica, de fortalecimento e alongamento.

Baixo a orientación do adestrador Nuno Silva, o equipo de Cerveira-Tomiño está a usar o WhatsApp para garantir a continuidade dos exercicios durante este período de illamento social, alén de manter a motivación necesaria a través do contacto co grupo.
O mesmo escenario está a ser practicado no municipio de Cesena, en Italia, con Sabrina Colaci, a adestradora principal, a dinamizar un conxunto de adestramentos online para seus participantes seniores, coa intención dos axudar a permanecer activos durante estes momentos difíciles.
É de salientar que o In Common Sports cre no impacto bo do deporte na aptitude física e mental das persoas maiores e ten consolidada a súa expresión alén-fronteiras. Froito dunha candidatura financiada con máis de 300 mil euros polo programa Erasmus + Sport, o proxecto iniciou en marzo de 2018, contando cun consorcio de municipios socios da Bulgaria, España, Hungría e Italia, liderado de Portugal, a través do Municipio de Vila Nova de Cerveira.
Os tempos difíciles que vivimos obriga á adopción de novos métodos, privilexiando a vertente dixital. Algunhas das clases online están dispoñíbeis en vídeo, en: http://www.olympics4all.eu/
A todos os participantes, o consorcio deixa a seguinte mensaxe: "Queda en casa, queda en forma, queda en seguridade".
O concelleirode Deportes do Concello de Tomiño, Fran Campo, salienta a importancia de manter hábitos saudables, sobre todo,nestes difíciles momentos nos que toca estar illados na casa e convida ás socias e socios do programa a non perderse as clases, botando man neste caso, das novas tecnoloxías".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones